Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2022 | Actualizada ás 10:08
A Garda Civil interceptou no municipio coruñés de Melide a un taxista que circulaba a 167 quilómetros por hora nun tramo limitado a 70, isto é, máis do dobre da velocidade máxima permitida.
O operativo no que se detectou ao condutor forma parte do Plan de Seguridade establecido con motivo do Xacobeo 21-22, dado que a zona na que circulaba o taxista forma parte do Camiño Francés. O punto onde foi detectado está dentro dun tramo de sete quilómetros e mediode percorrido no que se contan ata catro tramos de curvas sucesivas e perigosas.
Segundo a Garda Civil, esta zona é un tramo de concentración de accidentes e un dos de maior risco de accidente da rede viaria en Galicia. Ademais, pola zona estaban a transitar a esa hora da mañá numerosos peregrinos que se dirixían cara a Santiago. O operativo tivo lugar o pasado domingo, ás 11,00 horas, na estrada N-547, que une Lugo e Santiago, ao seu paso por Melide, cando os axentes detectaron a un vehículo taxi cuxo condutor circulaba a 167 quilómetros por hora nun tramo a 70.
Unha vez parado o vehículo e identificado o condutor, que se dirixía ao aeroporto Rosalía de Castro a recoller a uns clientes, declaróuselle investigado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria. O home enfróntase á pena de prisión de tres a seis meses e, en calquera caso, á privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores dun a catro anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.