Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2022 | Actualizada ás 15:22
O Concello de Sada volveu a solicitar ao Estado a "inmediata" presentación da demanda de titularidade dos bens mobles do Pazo de Meirás. Segundo lembran nun comunicado, o Franco presentaron recurso contra o Auto do Xulgado sobre a execución dos mobles do Pazo e solicitaban retirar "todos os mobles que non foron obxecto do incidente do Estado", pero que o municipio considera "que debe permanecer dentro do Ben de Interese Cultural e que deberían ser de titularidade pública".
"Ante o risco de que poidan retiralos, provocando a perda da integridade patrimonial e cultural do sitio histórico", instan o Goberno estatal a presentar a demanda da titularidade, "que debería incluír a solicitude de medidas cautelares que impidan a retirada dos bens que o Estado non reclamou".
Sobre isto, piden incorporar o informe pericial realizado por Manuel Pérez Lorenzo, no que se acredita a orixe, a permanenca e destino ao servizo da xefatura do Estado tanto dos procedentes de Pardo Bazán como dos incorporados polo Estado desde 1938 e ata 1975; "bens todos eles que gozan da condición de dominio público e, por tanto, propiedade do Estado".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.