As críticas da Agai

A Asociación Galega de Amizade con Israel (Agai) critica a sentenza do TC que nega o delito de xenocidio...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 22/11/2007 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

Porque negar un xenocidio conleva, cando menos, un profundo desprezo pola dor das súas vítimas, e implica un ataque á dignidade de todas as persoas que conforman o grupo social perseguido, atacando así á base de calquera sociedade que se pretenda democrática.

E o Dereito como froito da sociedade da que xorde, non é neutral, establece sempre un sistema de valores, e coa súa punición delimita aquelas condutas que considera inaceptables. Neste sentido, ante o perigo actual que representa o racismo e a xenofobia, e aprendendo a tráxica lección que nos deixou o Holocausto nazi, a sociedade europea repudia a negación da súa existencia.

Eis a preocupación da Unión Europea para evitar que ningún Estado europeo se poida converter nun refuxio e centro de propaganda xenófoba que nos poidan levar a repetir novamente os terribles erros do século XX, lamentablemente coa recente sentenza, xa temos un erro, o noso.

Porque non é casual a presenza estes días entre nós do destacado negacionista e líder do KU KUS KLAN, David Duke, que ao abeiro da devandita sentenza pode percorrer con toda normalidade e tranquilidade España en actividades públicas nas que fai manifesta apoloxía do antisemitismo, da xenofobia e do odio racial. Lamentablemente en virtude da recente sentenza do TC a súa actividade é lícita.

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) facemos un chamamento público á reflexión sobre este grave erro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

6 Carlos

Lendo algún comentario cheiro cousas que pensaba que aquí non habia, agás catro nostálxicos neonazis. Que é antisemitismo preguntas cravando a túa pupila nos meus ollos?
...
Antisemitismo és ti.

5 currupipi

Eu non faría caso aos da Asociación Galega de Enemizade con Palestina (e en xeral con todo o que cheire a árabe)
Sen xustificar a sentencia, agora poden sentir nas carnes propias o que fan eles cos Palestinos. Iso sí, Palestina non pode pagar viaxes de gratis en pago de favores...

4 Razoando

Axústase perfectamente. Outra cousa diferente é que ti queras crer todo o contrario. Explícame por que é desatinada a miña crítica. A ver.

3 Eu

Prégase a utilización duns segundos de reflexión denantes de escribir criticando a alguén.

É completamente desatinada a crítica feita por "Razoando" xa que non se axusta ao escrito por "ala alegre" ren.

2 Razoando

Xa era sabido que tiña que vir o típico sectario indocumentado que confunde unhas cousas coas outras.

Imos ver. Ou sexa, que está ben que se negue o Holocausto (que sucedeu hai 6o anos cando non existía o estado de Israel) porque o actual estado israelita fai o que lle fai aos palestinos? Que culpa teñen do que pasa na actualidade os seis millóns de xudeos asasinados por Hitler hai tantas décadas?

Aválase unha brutal Lei do Talión con efectos retroactivos?