As críticas da Agai

A Asociación Galega de Amizade con Israel (Agai) critica a sentenza do TC que nega o delito de xenocidio...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 22/11/2007 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

Porque negar un xenocidio conleva, cando menos, un profundo desprezo pola dor das súas vítimas, e implica un ataque á dignidade de todas as persoas que conforman o grupo social perseguido, atacando así á base de calquera sociedade que se pretenda democrática.

E o Dereito como froito da sociedade da que xorde, non é neutral, establece sempre un sistema de valores, e coa súa punición delimita aquelas condutas que considera inaceptables. Neste sentido, ante o perigo actual que representa o racismo e a xenofobia, e aprendendo a tráxica lección que nos deixou o Holocausto nazi, a sociedade europea repudia a negación da súa existencia.

Eis a preocupación da Unión Europea para evitar que ningún Estado europeo se poida converter nun refuxio e centro de propaganda xenófoba que nos poidan levar a repetir novamente os terribles erros do século XX, lamentablemente coa recente sentenza, xa temos un erro, o noso.

Porque non é casual a presenza estes días entre nós do destacado negacionista e líder do KU KUS KLAN, David Duke, que ao abeiro da devandita sentenza pode percorrer con toda normalidade e tranquilidade España en actividades públicas nas que fai manifesta apoloxía do antisemitismo, da xenofobia e do odio racial. Lamentablemente en virtude da recente sentenza do TC a súa actividade é lícita.

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) facemos un chamamento público á reflexión sobre este grave erro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

1 ala alegre

Vos tamén negades o xenocidio que está a levar adiante Israel contra o povo palestino. Aplicadevos o que decides sobre os negacionistas do xenocidio nazi porque sodes igual de miserables que eles. PALESTINA VENCERÁ