Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2022 | Actualizada ás 20:19
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) determinou que a Xunta debe facilitar a información requirida pola Asociación Empresarial de Transporte de Viaxeiros por Estrada (Galibus) sobre a adxudicación de contratos de transporte por estrada en autobús.
O fallo, contra o que cabe recurso de casación ante o TSXG ou o Supremo, estima o recurso presentado por Galibus contra a resolución da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que denegaba o acceso da asocación á relación de vehículos e expedientes sancionadores de todos os contratos polos que se adxudicaron lotes para explotar liñas de autobús.
O departamento que dirixe a conselleira Ethel Vázquez accedera a entregar á asociación os informes técnicos das adxudicacións, pero non aqueles relacionados cos vehículos e os expedientes sancionadores ao entender que isto requiría "unha acción de reelaboración". Agora, a sección terceira da Sala do Contencioso Administrativo do Alto Tribunal galego recoñece o dereito de Galibus a dispor desta información "previa omisión da información afectada polos límites ou prohibicións contidas nas leis de aplicación".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.