A Naviera Illa de Ons, Iniciativas Turísticas de Ons e Viaxes Illa de Ons permitían as reservas previas no cámping da illa só aos usuarios que se trasladasen na empresa de transporte do grupo e non nas outras empresas que ofrecían o mesmo servizo.
Na resolución indícase que, "non observamos con claridade que a recorrente sufrise un contacto físico con connotación sexual".
  comenta   0
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia di que a medida é para evitar unha "alteración ou trastorno de carácter grave" dos xacementos atopados.
O xulgado ditou un auto no que acorda este pago en execución dunha sentenza de setembro de 2022, que anulou un acordo da institución provincial para outorgar por 213.000 euros un contrato de subministración ao xornal por infrinxirse os requisitos esixidos.
  comenta   0
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) admitiu a trámite o recurso interposto pola empresa Fergo Galicia Vento S.L. contra a Xunta de Galicia, á que reclama case 46 millóns de euros por danos e prexuízos. Faino, informa o alto tribunal galego, ao entender que llos causou a nulidade xudicial da autorización que lle concedeu o Goberno autonómico para executar o proxecto do parque eólico Serra do Oribio, situado entre os municipios lugueses de Triacastela e Samos.
  comenta   0
A Audiencia Provincial di que non hai probas máis aló da versión da suposta vítima, na que non aprecian a veracidade suficiente.
  comenta   0
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia decidiu anular a consulta ao TXUE tras un recurso da Xunta que provocará máis atrasos na política eólica galega. Con todo, a batalla eólica dirimirase, finalmente, en Luxemburgo.
  comenta   0
Outro home foi absolto dun delito de abuso sexual continuado contra a súa filla adoptiva ante as dúbidas sobre a súa versión.
  comenta   0
Elena Candia responsabiliza á alcaldesa, Paula Alvarellos, da débeda contraída cos traballadores denunciada o xoves por sindicatos.
O presidente da Xunta en funcións avanza que continuará coa súa política industrial e, aínda que sen nomeala, aposta por modelos como os de Altri ou os proxectos eólicos. De feito, reforzará as competencias de consellerías para acelerar a tramitación deste tipo de iniciativas.
  comenta   0
O TSXG cre que existen suficientes indicios que proban as deficiencias da avaliación ambiental do polígono eólico proxectado na Costa da Morte.
  comenta   0
O Xulgado do Social número 5 da Coruña condenou ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) a indemnizar por danos e prexuízos a un home que tivo que reclamar xudicialmente o complemento de maternidade para a súa pensión.
Destaca que a celulosa empregará a 2.500 persoas e confía en que o Tribunal Supremo e o Tribunal de Xustiza Europeo lle dean a razón á Xunta cos parques eólicos.
  comenta   2
A Sala asegura que non se pode dar por "enteiramente veraz" a declaración ambiental da Xunta debido a unha "fragmentación artificiosa" do proxecto.
  comenta   0
O Consello de Estado francés anula as autorizacións de aeroxeradores tras un recurso de 16 asociacións e entidades ecoloxistas. A decisión pode influír na política ambiental da UE.
  comenta   0
A asociación veciñal informa de que, entre os motivos que aduce o alto tribunal, figuran algúns relacionados coa protección da natureza e a paisaxe da zona e tamén do patrimonio.
  comenta   0
O Tribunal Superior de Galicia se basea en posibles "graves danos" ao medio ambiente que foron "sinalados previamente por informes rigorosos e imparciais".
  comenta   2
"Non vou dicir que me gusta...Chama a atención polas consecuencias e as actitudes", asegura tras ser preguntado directamente por Luis Villares, o maxistrado titular da sección 3ª da Sala do Contencioso Administrativo, responsable desta medida.
  comenta   0
Este veleiro chegou á ría de Arousa en tres planadoras en marzo do ano 2020, en pleno confinamento pola pandemia da Covid-19. Carlos Silla atópase nunha prisión en Portugal cumprindo outra condena de catorce anos por outro transporte de droga de 5.200 quilos de coca.
  comenta   0
A desestimación prodúcese despois de que a sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenase a 17 e 13 anos de cárcere, respectivamente.
Os maxistrados do TS determinan que a Xunta non pode ordenar a derriba dunha edificación "amparada nunha licenza urbanística municipal, conforme á formulación en vigor e axustándose as obras á devandita licenza".
O xulgado decreta o despedimento colectivo de 91 empregados de Maderas Iglesias, tras adxudicar a súa venda a Asuco Interiors.
  comenta   0
Tras unha reunión coa CIG-Ensino o reitorado comprométese a presentar no prazo máximo de dous meses un plan de pago.