Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2022 | Actualizada ás 16:40
Unha muller de 80 anos faleceu este sábado ao sufrir unha caída por un desnivel duns nove metros cando estaba na leira da súa casa, situada en Caión, no muncipio da Laracha.
O suceso tivo lugar ás 09,00 horas da mañá deste sábado, segundo trasladaron fontes da Garda Civil na provincia da Coruña.
A muller escorregou cando estaba no límite da leira da súa vivenda e caeu na estrada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.