O mercado náutico pecha 2022 en Galicia cun 8,5 % menos de matriculacións que no ano anterior

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2023 | Actualizada ás 17:02

Comparte esta noticia

O mercado náutico galego pechou 2022 cun total de 369 matriculacións, o que supón un 8,5 % menos que no exercicio anterior, segundo os datos publicados este martes pola Asociación Nacional de Empresas Náuticas (Anen).

Esta redución do número de matriculacións en Galicia está en consonancia cos datos estatais, nos que as matriculacións se cifran en 5.847, un número de rexistros que cae un 14,94 % con respecto a 2021.

Desde Anen indicaron que estas cifras "cumpren as previsións do sector para 2022, mantendo e mellorando sensiblemente a estabilidade do mercado náutico nacional". Así, apuntaron que decembro rompeu esta tendencia cun crecemento do 31.

DATOS PROVINCIAIS

De forma máis detallada, a provincia da Coruña mantense estable no número de matriculacións de embarcacións, cun total de 167, fronte ás 169 do ano anterior. Do mesmo xeito, Ourense pasa do oito matriculacións ao seis.

Pola súa banda, a provincia de Pontevedra rexistra un 11,39 % menos de matriculacións, cun total de 179. Mentres, Lugo conta con 12 embarcacións máis matriculadas, unha porcentaxe que se reduce un 53,85 % en relación ao exercicio anterior.

Porto náutico de Sanxenxo
Porto náutico de Sanxenxo | Fonte: ANEN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta