Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2023 | Actualizada ás 17:22
A Xunta e representantes dos letrados da administración de xustiza acordaron a creación dun grupo de traballo mixto orientado a abordar os cambios normativos e organizativos que afecten o sector, como a nova lei de Efiencia Organizativa aprobada polo Goberno central.
Este xoves, o director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou nunha reunión telemática con distintas organizacións de letrados da administración de xustiza para constituír esta comisión.
Segundo trasladou a Xunta tras o encontro, o obxectivo é "abordar o funcionamento, estrutura e persoal ao servizo da administración de xustiza", así como estudar os cambios normativos que poidan requirir de unificar criterios de actuación.
A nivel organizativo, a Lei Orgánica de Eficiencia Organizativa na que traballa o Executivo central contempla modificacións ás que xa se opuxo a Xunta, como lembra nunha nota de prensa.
En concreto, rexeita os modelos de referencia para as novas oficiais porque entende que "non se adaptan ás características dos órganos xudiciais da Comunidade galega".
Segundo Tronchoni, a "dispersión" e o "envellecemento" da poboación "dificulta" a posibilidade de comarcalizar as oficinas en Galicia, á vez que considera que os letrados deberían participar no debate e as negociacións do cambio de modelo para "conseguir un acordo co máximo consenso".
Unha das principais novidades da nova é a conversión dos xulgados en tribunais de instancia en cada partido xudicial con sede na capital. A meta do Goberno é simplificar o acceso da cidadanía á xustiza, ao haber só un tribunal e non xulgados diferentes. Espérase, tamén, favorecer a especialización e dotar de maior flexibilidade á planta xudicial.
A nova norma tamén contempla que os xulgados de paz transfórmense en oficinas de xustiza nos municipios coa intención de facer fronte ao despoboamento en zonas rurais e achegar o servizo público á cidadanía.
DUBIDA DA DOTACIÓN DE PERSOAL
Así as cousas, a Xunta reiterou que "non se aclara" nos modelos de referencia das novas oficinas xudiciais "cal será a situación definitiva do seu persoal, nin as súas funcións e estrutura", polo que considera que se deixa "todo aberto á negociación da relación dos postos de traballo (RPTS) coas organizacións sindicais".
Por último, asegura que "se omiten" supostos como os funcionarios de garda ou os xulgados de violencia sobre a muller e "tampouco queda definido" o encaixe dos rexistros civís coa oficina xudicial transformando os actuais xulgados de paz.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.