A lenta agonía poboacional de Lugo e Ourense

As provincias de Pontevedra e a Coruña concentran case o 77% da poboación de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2023 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

Galicia sumou 2.722 habitantes a 1 de xullo de 2022 en comparación co mesmo período do ano anterior, debido ao crecemento de poboación rexistrado nas provincias da Coruña e Pontevedra.

En concreto, segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE), Galicia contaba a mediados do ano pasado con 2.693.451 habitantes. Na Coruña había 1.122.033, en Pontevedra 943.474 (ambas as con subidas de poboación respecto de 12 meses atrás), en Lugo 323.984 e en Ourense 303.961 (as dúas anótanse descensos).

Estas cifras (as relativas a xullo) son provisionais. O IGE publica tamén as definitivas a 1 de xaneiro de 2022, cando Galicia rexistraba unha cifra de poboación de 2.691.456 habitantes, o que supuña un descenso de 5.420 persoas con respecto ao ano anterior. Por provincias, A Coruña e Pontevedra concentran o 76,7% da poboación galega.

Elaboración de Salvador Bará en base a imaxes en acceso aberto de NASA coa distribución xeográfica dos detectores da Rede Galega de Vixilancia do Brillo do Ceo Nocturno, situada en 14 estacións meteorolóxicas de Meteogalicia. A zona máis brillante preto do bordo inferior da imaxe é a área metropolitana de Porto (Portugal) / NASA Earth Observatory (2012). Night Lights 2012—Flat map. Dispoñible en liña en: http://earthobservatory.nasa.gov/naturalhazards/view.php?ide=79765, imaxe de Robert Simmon, utilizando os datos de Suomi NPP VIIRS proporcionados por cortesía de Chris Elvidge (NOAA National Geophysical Data Center) (NASA Earth Observatory, 2012). Suomi NPP é o resultado dunha asociación entre a NASA, a NOAA e o Departamento de Defensa de Estados Unidos. Dispoñible tamén en: http://rsos.royalsocietypublishing.org/content/3/10/160541.

¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta