Os sindicatos reciben máis dun millón de euros da Xunta

Os maiores beneficiarios son a CIG, CC.OO. e UGT. Tamén perciben subvención o Sindicato Independente e Profesional de Profesores de Relixión de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2023 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

O Goberno autonómico publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) este martes a resolución da Dirección Xeral de Relacións Laborais pola que se dá publicidade ás subvencións concedidas aos sindicatos en Galicia pola súa actividade ordinaria de 2022 (780.200 euros), así como para a creación ou funcionamento de gabinetes técnicos e plans de formación de delegados (319.600 euros).

As cantidades mantéñense nos mesmos termos que na convocatoria previa e suman un montante que supera o millón de euros. En total, unha quincena de sindicatos reciben algún tipo de apoio. A CIG é o que obtén maior contía concedida pola Xunta, con máis de 350.000 euros.

Séguelle Comisións Obreiras, con máis de 310.000 euros, e UGT, cuns 305.000 euros. A máis distancia das tres centrais principais en Galicia tamén perciben subvención: CSIF, USO, USTG, STL, Satse, USAE, Confederación de Cadros e Profesionais, Anpe, Fetico, e FSIE.

Tamén o Sindicato de Empregados Públicos de Galicia (Sepga) e o Sindicato Independente e Profesional de Profesores de Relixión de Galicia (Siprega), que reciben ao redor de 1.000 euros e 700 euros, respectivamente.

Concentración dos sindicatos CIG, CC.OO., UGT, CSIF e Satse ante a Consellería de Sanidade, a 19 de outubro de 2021.
Concentración dos sindicatos CIG, CC.OO., UGT, CSIF e Satse ante a Consellería de Sanidade, a 19 de outubro de 2021. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta