Por Galicia Confidencial | Ribadeo | 02/03/2023 | Actualizada ás 15:01
A Xunta irá ata as últimas consecuencias co topónimo Ría de Ribadeo, unha nomenclatura oficial que non gusta en Asturias que acabou impoñendo tamén a denominación de Ría do Eo.
Finalmente, e tras non prosperar os distintos recursos administrativos ante o Goberno central e a Comisión de Toponimia, a Xunta decidiu recorrir á vía xudicial. "E temos varios motivos xurídicos para ter razón", dixo o presidente galego Alfonso Rueda na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.
Así, lembrou que a lei 10/15 de patrimonio inmaterial de Galicia destaca que hai que salvagardar este topónimo "que ten séculos de historia". Ademais, lembrou que a Xunta conta co respaldo de informes e entidades de Galicia, entre os que citou, ao Concello de Ribadeo, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega ou a Deputación de Lugo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.