Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2023 | Actualizada ás 12:54
A vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, insistiu en que "tras un rastrexo moi intenso, e tras traballar con outros estados nos que houbo un desenvolvemento de eólica offshore, constatouse que non se pode demostrar un efecto negativo" na pesca.
"Ao contrario, xa que moitas veces polo tipo de ancoraxe e a distancia dos aeroxeradores o que se produce é unha rexeneración", reivindicou Ribera. "Isto non significa que nos podamos descoidar, e temos moi claro que non é o mesmo o mar do Norte que a costa galega", polo que "hai que estar moi vixiantes para estes primeiros proxectos", subliñou.
Ribeira asegurou que os Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM) "buscan o máximo consenso, e por iso aprobáronse con case dous anos de atraso, integrando todas as preocupacións, todos os datos que se achegaron de pesca, todas as recomendacións, alegacións e observacións da Xunta", de entes como "Patrimonio Histórico, ademais de incorporar as achegas que chegaban das confrarías".
XUNTA
Pola súa banda, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángels Vázquez, criticou este venres que o Goberno central fixese "caso omiso" ás achegas que Galicia fixo para establecer os Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM), presentados esta semana.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.