A Xunta, a favor da taxa turística "se é avalada por un estudo" e ten o respaldo do sector

A directora xeral de Turismo, Nava Castro, tamén puxo o foco en que a recadación favoreza ao sector turístico

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/03/2023 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

A directora xeral de Turismo, Nava Castro, afirmou este martes que o Goberno galego se situará a favor da taxa turística "se é avalada por un estudo que diga que é necesario recadar con ela" e "se o sector está a favor".

Castro remarcou en declaracións aos medios nun acto en Santiago que estarán a favor "a condición de que a recadación favoreza ao sector turístico", tanto "en infraestruturas como en axudar á diversificación de fluxos".

Deste xeito, lembrou que a taxa turística "non é municipal", xa que se trata dun imposto que ten que ser aprobado no Parlamento de Galicia. Así, indicou que é aí onde todos os grupos parlamentarios "dirán como vai ou non esa posibilidade".

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro | Fonte: Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta