ACTUALIZACIÓN de 'O conto de nunca acabar'

Finalmente, o Consello Comarcal de Vigo decidiu expulsar ao presidente da AGAI, Pedro Gómez-Valadés, que escolleu ao Faro de Vigo, para informar desta situación. A Agai remitiu esta tarde un comunicado no que critica esta situación e anuncia que acudirá aos tribunais. Podes vela aquí...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/04/2008 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

O certo, é que con esta decisión, que deberá ser ratificada no vindeiro Consello Nacional do Bloque, a dirección nacionalista pretende por fin a esta incómoda situación, que provocou, entre outras cousas, a demisión do concelleiro de Neda, Abel García. Pese as advertencias da AGAI, no BNG están convencidos de que serán moi poucos os que abandonen a formación por esta decisión.

De feito, a maior parte da militancia nacionalista, está en contra das actividades da AGAI que consideran unha organización "pro-israelí e pro-sionista". Pedro Gómez-Valadés só conta, no Consello Nacional, co apoio incondicional dos membros considerados "oficiais" de Esquerda Nacionalista, xa que o resto de EN son contrarios a esta asociación.

Se queres coñecer a evolución deste conflicto durante os últimos meses preme aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 64 comentarios

34 Esmendréllome

Oes, Tinto, non entendes ou non queres entender o que din os demais, e eu fun moi clariño.

Repítocho:

Está clarísimo: o BNG negouse a condenar o Holocausto (que non é o mesmo ca negar a súa existencia).

Explícocho doutro xeito:

O BNG non nega o Holocausto. O BNG negouse a condenar o Holocausto.

Enténdelo agora? Si? Xa ía sendo hora!

33 Estevo das Estrivadas

galaxiagalicia...tes razón non tiven a sorte de que a miña lingua materna fora o galego, mais empregoa e poño empeño por melloralo. GRAZAS POLA CORRECCIÓN.

32 miguel mato fondo

Creo que deberiamos reflexionar sobre todo isto. Chegariamos a boicotear a un escritor xudeu, a David Grossman, ou a un músico, a Zubin Mehta, por seren xudeus? Ou negariamonos a escoitar a Filarmónica de Israel? Podería alguén desde o bng "recomendar" á militancia que boicoteara literatura, arte, música dese Estado? Que está a acontecer? Onde están as xentes do diálogo e da paz no conflito Arabe-Israel? Os sectores máis reaccionarios do mundo árabe non estarán utilizando ao pobo palestino como fronte de combate? Non sei. Algo cheira a podre en Elsinor.

31 tinto

Oes, Esmendréllome: Es capaz de asegurar sen rubor que o BNG nega o Holocausto?

30 galaxiagalicia

"... eu che son..."
estreviño das estrivadas home de deus pero non serás galego falante na intimidade? je, je, je ...

os verdadeiros galego-falantes nunca dirían esa expresión. seguramente diríamos: eu sonche
¿verdade meu?