Os 'Baltar', a espiña que persegue aos líderes do PPdeG

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, dixo que o presidente do PP de Ourense terá que "asumir responsabilidades" se é xulgado por ir a 215km/h. Formoso considera unha "bomba de reloxería" a actitude de Baltar ao volante.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/04/2023 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

O "caso Baltar" incomoda dentro da Xunta e do PPdeG, tanto, que ao presidente galego, faiselle un medio nó na gorxa cando se lle pregunta por esta cuestión. E non é a primeira vez que a saga Baltar disturbia e pon en perigo a traquilidade do Partido Popular en Galicia e do seu presidente.

José Luis Baltar fala con Feijóo e Rueda nunha xuntanza do PPdeG
José Luis Baltar fala con Feijóo e Rueda nunha xuntanza do PPdeG

E é que o que parece un "erro" involuntario do presidente da Deputación de Ourense e líder do PP nesta provincia, pode acabar con José Manuel Baltar sentado nun banco da Xustiza por un delito penal tras a sanción administrativa logo de ser "cazado" pola Garda Civil a 215Km/h nun tramo de 120Km/h na autovía á altura de Zamora.

 

Por iso, ao ser preguntado por esta cuestión, Rueda tentou sortear as cuestións apelando ao "arrepentimento" do propio Baltar. Un "arrepentimento" que chegou en forma de carta este martes e que algúns dirixentes no PPdeG pensan que, ademais, chega tarde. "Os feitos constitúen unha conducta inadecuada, un erro, e Baltar recoñeceuno e xa pedíu desculpas", dixo o presidente galego.

 

Rueda insistiu varias veces na idea do de "erro" e das "desculpas" cada vez que se lle preguntaba se Baltar ten que asumir responsabilidades políticas tras esta multa. Con todo, e cuestionado sobre a apertura dun proceso xudicial, dixo que, chegado a este punto, terá que asumir "responsabilidades". "Recoñeceu o erro e pedíu desculpas e iso é importante. O que hai agora é unha actuación da Garda Civil e a apertura dun procedemento e terá que asumir as responsabilidades das mesmas", indicou.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda /  ALBERTE PAZ/DEPUTACIÓN DE OURENSE
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda / ALBERTE PAZ/DEPUTACIÓN DE OURENSE

"BARBARIDADE"

Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, tachou de "barbaridade" a condución do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. Con todo, evitou pedir a dimisión do seu homólogo ourensán e remitiu as posibles consecuencias con respecto ao seu cargo ás cuestións "internas" do PP.

Preguntado directamente por se non lle pide a dimisión ao cargo político popular, que si demandaron voces socialistas, Formoso mantívose en que o ocorrido é "unha auténtica barbaridade", máxime, sendo un cargo público, pero non pediu expresamente a súa saída da institución. En todo caso, si foi contundente á hora de cualificar o "comportamento como unha bomba de reloxaría" que supón conducir a esa velocidade, de tal maneira que, incidiu, está previsto na lei como unha infracción penal.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta