Medios británicos chaman a vir a Galicia xa que "pagan aos estranxeiros para que vivan aquí"

Din que esta medida é unha maneira de impulsar a economía e combater os problemas de despobación que sofren algúns lugares.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/05/2023 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Medios británicos fixéronse eco da inicitaiva que levan a cabo algunhas localidades españolas, entre elas concellos galegos, e que consiste en pagar á xente estranxeira para que veñan vivir nestas zonas cando menos, durante 5 anos. Con isto preténdese combater a despoboación que moitas zonas do país están a sofrer e impulsar a economía local destes lugares.

Igrexia de Santo Estevo de Pardollán en Rubiá
Igrexia de Santo Estevo de Pardollán en Rubiá | Fonte: wikipedia.org

Unha das localidades que ofrecen esta oportunidade é Rubiá, un municipio da provincia de Ourense que, no seu último reconto de habitantes en 2022 xuntaba 1.376 "rubiaos". Por isto, buscan familias, especialmente con fillos, que queiran establecer alí a súa residencia a cambio de 1.827€ anuais, según medios británicos.

Segundo algúns destes medios "As autoridades locais esperan que os novos cidadáns impulsen a economía local mentres desfrutan das 2.000 horas de sol ao ano".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta