"Reiteramos que este encontro é perfectamente compatible con calquera reunión adicional que se poida convocar por parte das administracións", sinalan desde Alcoa, que manteñen a súa proposta de reunirse o día 6 co comité
A participación social debe darse "na fase de deseño e planificación dos lugares onde se van a asentar" as instalacións --como os parques eólicos--, "pero tamén no capital desas iniciativas"
  comenta   0
O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable abriu a segunda convocatoria de axudas a empresas privadas e públicas para descarbonizar o transporte de mercadorías e impulsar unha loxística eficiente, cun orzamento máximo de 87 millóns de euros
  comenta   0
Os Premios Nacionais de Artesanía convócanse anualmente co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento e á competitividade das pemes do sector artesán, así como incentivar a innovación, o deseño e a súa capacidade de adaptación ao mercado
  comenta   0
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, puxo sobre a mesa "a falta de recursos económicos" e a "problemática común" a todos os concellos, con independencia do punto xeográfico ou formación política dos seus rexedores e rexedoras, respecto doutras administracións.
Segundo indicou o conselleiro de Facenda, a fórmula elixida é a dun tributo vai ter un "tipo básico" autonómico "completamente bonificado" pola Xunta, dado que a Comunidade "non quere gravar este feito impoñible"
  comenta   2
A innovación de pemes en materia de proceso de negocio alcanza o 24,66% en Galicia, cunha brecha aínda maior coa UE, onde se eleva ao 41,24%. En España, esta taxa supón o 26,19%
  comenta   0
O IGE destaca a compoñente dos estudos en Compostela no primeiro e no último trimestre; e o traballo, tamén na Coruña e Vigo
O IGE presenta un crecemento do Produto Interior Bruto (PIB) do 2,3% para 2024 e do 2,1% para 2025, tal e como recolle a Xunta nas súas previsións orzamentarias
  comenta   0
O deputado do BNG, Luis Bará, lembra aos populares que "vostedes aplaudiron" cando Aznar "privatizou" a autoestrada e realizou unha prórroga "ilegal" que levou a un procedemento aberto por incumprir a normativa europea
  comenta   0
A Axencia Tributaria recadou en 2023 un total de 87.442 millóns de euros, un 2,41% máis fronte a 2022, nun exercicio marcado pola subida de prezos e as rebaixas impositivas aprobadas para facer fronte ás consecuencias económicas da guerra en Ucraína
  comenta   0
José Manuel Rey Vareta tamén se referiu a outro importante servizo que está a día de hoxe sen contrato, como é o caso da limpeza viaria e a recollida de residuos sólidos urbanos
  comenta   0
Posteriormente, sobre as 8,00 horas, o piquete retirou e os traballadores accederon ao interior do recinto industrial, que non normalizou até media mañá a actividade
  comenta   0
No que se refire ás empresas industriais con sede en Galicia que en 2022 realizaron algunha actividade económica noutra comunidade, o 4,8% do seu importe neto facturouse fóra
  comenta   0
Segundo o Foro, a economía galega creceu no terceiro trimestre tres décimas por baixo do estimado no conxunto de España e seis décimas menos que a media española en termos interanuais.
  comenta   0
O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes, convoca o encontro "para darlle continuidade ao asunto relacionado co IBI e co fin de estudar a viabilidade de obter novos beneficios para todos os concello" por onde pasa a autoestrada.
Esta foi a primeira vez en 32 anos, desde a constitución da asociación, que se presentan dúas candidaturas, dando lugar a un proceso electoral e votación en urna nunha asemblea extraordinaria de socios
  comenta   0
O portavoz do PP no Congreso, Miguel Tellado, comunicou ao ministro de Política Territorial e Memoria Democrática, Ángel Víctor Torres, que se suspende a reunión que ambos ían ter o vindeiro luns, 7 de setembro, para tratar a crise migratoria que afecta a Canarias, ao acusar o Executivo de "rexeitar a axuda" da Unión Europea para afrontar esta situación.
  comenta   0
A hostalería alaricana ofertará tapas e menús cuxo ingrediente principal é a exquisita carne de boi. Comezaron o día 27 de setembro e alongaranse ata o 13 de outubro.
  comenta   0
Nos últimos días houbo cruce de comunicados entre a Consellería de Medio Ambiente e o TSXG. E todo, a conta da resposta que Europa pode dar a causa prexudicial que pesa sobre as sentenzas ditadas polo máximo órgano xudicial galego sobre o plan eólico da Xunta. Mentres a Xunta amosase confiada sobre o seu plan están as voces que defenden a maior presenza de axentes sociais dentro das políticas enerxéticas do goberno galego.
  comenta   0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, cre que "hai que darlle un plus de velocidade ao que se está facendo porque, en ocasións, non se pode esperar para determinados proxectos industriais a que se desenvolva todo un polígono".
  comenta   0
Fernando Iglesias é o xefe de Área Regional de Vigilancia Aduanera de Galicia. Coñecidos sobre todo pola actuación contra o contrabando de tabaco e logo do narcotráfico, poucos saben como é o seu funcionamento, sendo unha policía que non é considerada Corpos de Seguridade do Estado. Vigilancia Aduanera depende da Agencia Tributaria e de aí que se teñan especializado en delitos de branqueo, contrabando e fraude fiscal.
  comenta   2
A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, advertiu de que "non quedarán de brazos cruzados" xa que están "convencidos" de que a trasposición da directiva á lei nacional de 2013 fíxose correctamente
  comenta   1
O documento segue apostado polo crédito como ferramenta crave para desenvolver novos proxectos, promover a mellora competitiva dos actuais e atraer a xente nova á profesión
  comenta   0
Representantes do PP reclamaron un "trato igualitario" para Galicia e que se esixan "os mesmos requisitos" que se piden para proxectos que se desenvolven noutras comunidades
Tanto a alcaldesa, Goretti Sanmartín, como o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, reclamaron á Xunta que procedese á retirada dos inmobles sen licenza do rexistro autonómico
"Destaca a gran calidade da uva, grazas a un agosto caloroso, que permitiu a súa óptima maduración" indica Agustín Lago, director técnico da Denominación de Orixe Rías Baixas
  comenta   0
A conselleira de Economía e Industria replica ás manifestacións do "técnico Besteiro" sobre o proxecto e Pontón valora que "rectificar é de sabios".
  comenta   0
Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), o valor engadido bruto da rama agraria e pesqueira situouse nos 3.406 millóns de euros o pasado ano 2023, é dicir, o 4,5 % do PIB de Galicia nese ano (un crecemento do 7,6 % con respecto ao ano anterior). As pragas murchan a vide, as choivas asolagan os trigais e o quencemento das augas fai fuxir aos peixes.
  comenta   0
A conselleira María Jesús Lorenzana, esixiu "seriedade" a Alcoa e que responda os requirimentos da Xunta para poder autorizar a ampliación da balsa de lodos
Os sindicatos quéixanse dunha escasa ou nula participación tanto do empresariado como da administración autonómica para a prevención de riscos laborais. Estas críticas foron máis fortes en xuño de 2024 polas mortes no 'Argos Georgia' e logo no mes de agosto por outras catro mortes en accidentes laborais. Os empresarios falan da necesidade de adaptarse aos novos contextos laborais dentro dun marco de actuación público-privada, os sindicatos e forzas políticas da oposición falan de perdas millonarias en cursos de seguridade que non deron resultado
  comenta   0
Este 14 de setembro terá lugar na vila ourensá a VI Feira dos Produtos Apícolas. Haberá unha ducia de postos, obradoiros, degustacións, lecer para os máis cativos e sorteos.
  comenta   0