Un doutor santiagués liga a periodontite co risco de padecer ictus isquémico ou Alzhéimer

A periodontite é unha infección das encías que dana o tecido brando ao redor dos dentes e que pode chegar a destruír o óso.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2023 | Actualizada ás 17:16

Comparte esta noticia

Unha investigación liderada polo doutor santiagués Yago Leira identificou que padecer periodontite, unha enfermidade que afecta ás encías, aumenta o risco de padecer ictus isquémico e demencia de tipo Alzhéimer.

O estudo elaborado pola Sociedade Española de Periodoncia e a Sociedade Española de Neuroloxía baixo a coordinación do periodoncista e investigador do IDIS relacionou que a inflamación crónica e persistente que provoca esta doenza incrementa a posibilidade de padecer complicacións neurolóxicas co paso dos anos.

"As persoas con periodontite poden ter case o dobre de risco de padecer alzhéimer e o triplo de sufrir un ictus isquémico", sinalou o doutor Yago Leira, que incidiu en que a enfermidade cerebrovascular e a demencia son as dúas enfermidades sobre as que existe unha maior evidencia científica na súa relación coa infección das encías. A periodontite é unha infección das encías que dana o tecido brando ao redor dos dentes e que pode chegar a destruír o óso. Segundo IDIS, estímase que poden padecelo oito de cada dez españois adultos.

Unha investigación dun doutor santiagués liga a periodontitis co risco de padecer ictus isquémico ou Alzhéimer. IDIS
Unha investigación dun doutor santiagués liga a periodontitis co risco de padecer ictus isquémico ou Alzhéimer. IDIS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta