“Ás veces hai neurólogo, ás veces non”, aseguran afectados de ictus. No HULA non existe unha unidade específica de ictus nin un servizo de neuroloxía durante as 24 horas, por iso son habituais as derivacións a outros hospitais galegos, co consecuente risco que iso supón.