O 28M deixa grandes sorpresas nas deputacións

O PPdeG recupera a de Pontevedra tras oito anos e o PSdeG mantén A Coruña e Lugo. Ourense, no aire.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/05/2023 | Actualizada ás 01:23

Comparte esta noticia

Este 28M tamén deixa grandes sorpresas no ámbito provincial. O PPdeG recupera a Deputación de Pontevera oito anos despois. Os populares terán 14 deputados provinciais, a maioría absoluta, logo de arrasar en numerosas localidades poboadas da provincia como O Porriño, Baiona, Redondela, Ponteareas, Cangas, Marín ou Lalín e en comarcas como o Condado, A Paradanta ou Terra de Montes.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, durante un mitin do Partido Popular en Ourense
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, durante un mitin do Partido Popular en Ourense | Fonte: Agostime - EP

Pola súa banda, os socialistas conserva pola mínima as deputacións da Coruña e Lugo. A segunda por unha manda de votos xa que estivo moi disputada ata entrada a madrugada. Finalmente, unha mesa do barrio de Fingoi, en Lugo, e un novo reconto noutra en Castro de Rei decantou a deputación para o PSdeG cun pacto co BNG.

Finalmente, a de Ourense tamén dependerá de pactos xa que o PP de Baltar non conseguiu a maioría absoluta que perdeu hai catro anos. De feito, nestes comicios Democracia Ourensana pasou de dous a tres deputados provincias o que aínda fai máis difícil un pacto cos populares. Ademais, tanto Rueda, como Cabezas e Baltar descartaron un pacto con Jácome. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta