A folga de letrados provca unha redución dos divorcios e separacións en Galicia

Caen un 18,5%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2023 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

As demandas de ruptura matrimonial --separacións, divorcios e nulidades-- diminuíron un 18,5% en Galicia no primeiro trimestre do ano, un período marcado pola folga de letrados da Administración de Xustiza, que se prolongou do 23 de xaneiro ao 28 de marzo.

En concreto, segundo os datos facilitados polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recolleitos do Consello Xeral do Poder Xudicial, durante o primeiro trimestre de 2023 producíronse na comunidade 1.126 disolucións matrimoniais, fronte ás 1.381 do mesmo período do ano anterior. No conxunto do Estado, a diminución foi do 10,3%.

O alto tribunal galego lembra que, nesta diminución ten influencia a folga de letrados, dado que moitos dos procedementos presentados foron repartidos aos órganos xudiciais, pero non aceptados, polo que non computaron como ingresados.

Entre xaneiro e marzo, en Galicia, diminuíron un 17% os divorcios, especialmente os consensuados, que pasaron de 793 a 613, un 22,7% menos. O non consensuados caeron un 7,9%, de 529 a 487.

Pola súa banda, as separacións consensuadas pasaron de 36 no primeiro trimestre de 2022 a 15, no mesmo período deste ano, mentres que as non consensuadas caeron á metade, de 20 a 10. Ademais, contabilizouse unha petición de nulidade matrimonial.

Sinatura de divorcios e separacións
Sinatura de divorcios e separacións | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta