Allariz presenta as festas patronais e as actividades para a mocidade

As festas do San Bieito serán do 6 ao 9 de xullo e as programadas para mozas e mozos desenvolveranse do 30 de xuño ata comezos de setembro.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 26/06/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A programación organizada dende a área de cultura do Concello de Allariz para festexar o San Bieito -- patrón de Allariz-- comezará o xoves 6 de xullo e prolongaranse ata o domingo 9 de xullo. 

Presentación das festas do San Bieito en Allariz. Foto: Prensa do concello.
Presentación das festas do San Bieito en Allariz. Foto: Prensa do concello.

Actividades como música de rúa, orquestras, desfile de xigantes e cabezudos, agrupacións de música tradicional e baile e concertos da Agrupación Musical La Nova de Banyeres de Mariola e a Banda Unión Musical de Allariz, centrarán parte das actividades deste ano.

O venres 7 de xullo haberá actividades para a cativada, ademais dos actos relixiosos na honra de San Bieito e a festa rematará, como é tradición, o domingo 9 co espectáculo de pirotecnia, ás 00:00h dende o Campo de Vilanova.

ATRACTIVO PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA A MOCIDADE

A Área de Mocidade vén de presentar tamén un amplo programa de actividades culturais, divulgativas e de lecer para que os/as mozos/as alaricanos/as teñan un entretemento enriquecedor e activo os meses de verán.

As actividades arrincarán o 30 de xuño cun campionato de ping pong e estenderanse ata comezos de setembro. Por diante, unha chea de propostas ao aire libre: rutas de sendeirismo, unha saída ao Aquapark de Cerceda, fin de semana nas Fragas do Eume, obradoiros de autoestima, billarda, iniciación á coctelería e unha xornadas de manexo de drons.

Iago Santás, concelleiro de Mocidade, confía en que as actividades sexan do interese dos mozos e mozas e que se animen a participar nesta programación de verán que tenta abranguer opcións para todos os gustos.

Dende o concello informan que para inscribirse nas actividades cómpre dirixirse ao correo mocidade@allariz.gal, ao telefono 988 680 434 ou presentarse na Casa da Mocidade. Así mesmo lémbrase que as saídas con pernocta débense reservar antes do 5 de xullo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta