Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2023 | Actualizada ás 14:04
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso contencioso-administrativo interposto por nove empresas contra a adxudicación, por parte da Xunta, do lote 57 do contrato de transporte escolar a centros públicos dependentes da Consellería de Educación a unha UTE (unión temporal de empresas) por estar dominada polo grupo Monbus ao 97%.
A iso únese, segundo subliñan os maxistrados, a participación porcentual que tiña Monbus noutra UTE que resultaron adxudicatarias noutros lotes nos que se dividiu o contrato de transporte escolar a centros públicos dependentes da Consellería de Educación.
"Conclúese que se superaron con fartura os límites de adxudicación permitidos polo artigo 8.2 do prego de cláusulas administrativas particulares", destaca a sección terceira da sala do contencioso-administrativo na sentenza.
En consecuencia, o TSXG anulou a adxudicación do contrato á licitadora dominada por Monbus e ordenou ao órgano de contratación a que lle requira á UTE (que é a formada polas empresas demandantes) que obtivo a segunda mellor puntuación a presentación da documentación previa á adxudicación do contrato.
TERCEIRA SENTENZA
Esta é a terceira sentenza que emite o alto tribunal galego relativa ás adxudicacións dos lotes do contrato de transporte escolar. A semana pasada o TSXG tamén anulou a adxudicación a dúas futuras UTE dos lotes 51 e 45 do contrato porque estaban dominadas polo grupo Monbus, cuxa participación excedía do 90% e do 60%, respectivamente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.