Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2023 | Actualizada ás 17:23
A muller do alcalde de Punxín (Ourense), de 73 anos, morreu tras caerse nun pozo de regadío no lugar e Quintela do Viñao dese municipio. O rexedor municipal da localidade, Manuel Vázquez, coñecido como 'Casalta', retivo o bastón de mando o pasado mes de maio tras chegar a un acordo con Compromiso por Galicia para manter a Alcaldía que ostenta desde o 2011.
Os servizos do 061 tan só puideron certificar a morte da muller, que foi trasladada para que se lle realice a autopsia, que confirmará o motivo do falecemento. Desde a Garda Civil aseguran que todo apunta a "unha caída por mala sorte" cando se dispuña a realizar tarefas de limpeza da arqueta próxima á súa vivenda, polo que non se abrirá unha investigación se así o corrobora a autopsia.
O velorio está instalado desde primeira hora da tarde no local municipal e, a partir das 20,30 horas, oficiarase o funeral na igrexa de Santa María de Punxín. Posteriormente será enterrada no cemiterio parroquial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.