Rueda evita o "protagonismo" no PPdeG: "Aquí todo o resolvemos por unanimidade"

O líder dos populares galegos non quere cabrear a Baltar tras a escolla de Luis Menor como futuro presidente da Deputación de Ourense, aínda que non oculta a "afinidade" co presidente da Deputación de Pontevedra.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/07/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Alfonso Rueda evita asumir protagonismo logo de sufucar a última revolta de José Manuel Baltar no seu feudo de Ourense. Se Fraga e despois Feijóo tiveron que aceptar, en distintas épocas e conflictos, as condicións dos seus varóns, semella que ao novo presidente do Partido Popular de Galicia, as estratexias funcionanlle moito millor. Está conseguindo vitorias onde os seus antecesores afuciñaban con negativas e ameazas de rebelións.

Ou presidente da Xunta, Alfonso Rueda, preside a reunión semanal do Consello. San Caetano
Ou presidente da Xunta, Alfonso Rueda, preside a reunión semanal do Consello. San Caetano | Fonte: David Cabezón - Xunta

Primeiro Fraga e logo Feijóo tiveron que tolerar e aceptar as imposicións de dirixentes provinciais. Algo que, semella que Rueda, cun ano no cargo, está sabendo gobernar de xeito diferente tal e como se pode ver no acontecido en Pontevedra e en Ourense. Nesas dúas provincias situou como presidentes das deputacións a dous dos seus fieis, Luis Menor, alcalde do Pereiro de Aguiar e anteriormente un dos principais colaboradores do presidente galego na consellería da Presidencia, e a Luis López, "Lugués", ex alcalde de Rodeiro e o home elixido por el para sucedelo na dirección do PP de Pontevedra.

Pero, Rueda é prudente ao falar dos seus logros nun ano ao fronte do PP. Por iso, fala de "unidade" e "unanimidade" no seu partido á hora de elixir a Menor e "Lugués" como presidentes das deputacións de Ourense e Pontevedra, respectivamente. "Quen os votaron foron os deputados e deputadas provincias", asegurou este xoves na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

"AFINIDADE" E "UNANIMIDADE"

Galicia Confidencial preguntoulle se, por fin, ten ao seu partido "controlado" e se foi el quen escolleu a estas persoas. "No caso de Pontevedra non oculto a miña afinidade", dixo non ocultando a sintonía que mantén con Luis López. No caso de Ourense foi máis sutil para evitar, novamente, ter un enfrentamento con José Manuel Baltar.

"Alegrome moito que houbera unanimidade, especialmente en Ourense, e que todo se resolvera con unidade que é o que a xente espera dos partidos serios", limitouse a dicir ao referirse ao caso ourensán, onde Baltar amagou con volver presentarse á presidencia do PPdeOurense, molesto polas declaracións de Rueda que anunciara a súa saída da política provincial. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Rhe1999

unanimidade di, o que ocorre é que non votan, que é distinto