Morre unha persoa tras ser atropelada por un tren cerca de Lalín

O 112 Galicia recibu a alerta a través do propio Adif, que asegurou que o suceso se produciu nun punto de paso non autorizado.

Por Europa Press / Redacción | Lalín | 16/07/2023 | Actualizada ás 20:43

Comparte esta noticia

Unha persoa perdeu a vida tras ser alcanzada por un tren no paso inferior dunha vía de alta velocidade, á altura do lugar da Bouza, na parroquia lalinense de Botos.

Segundo confirmou o 112 Galicia, os feitos sucederon sobre as 18,30 horas. Nese momento recibiron a alerta a través do propio Adif, que asegurou que o suceso se produciu nun punto de paso non autorizado.

Con motivo deste suceso, permanecen cortadas ambas as vías entre A Grandeira e O Irixo e estanse vendo afectados os trens Vigo-Madrid Chamartín. Ademais, a interrupción da circulación afecta tamén os trens que circulan entre Ourense e A Coruña e as súas variantes.

Renfe tamén informou que traballan para liquidar a incidencia o máis axiña posible.

Ata o lugar desprazáronse os servizos sanitarios, que só puideron confirmar o falecemento da persoa alcanzada polo convoi. Tamén se requiriu a actuación do GES de Lalín, do Servizo Municipal de Protección Civil e da Garda Civil.

Arquivo - Imaxe dun tren en Galicia. ADIF - Arquivo
Arquivo - Imaxe dun tren en Galicia. ADIF - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta