Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2023 | Actualizada ás 18:23
Asime, a patronal das industrias do metal e tecnoloxías asociadas de Galicia, denunciaron a "paralización xudicial de varios proxectos eólicos" mentres que ecoloxistas urxen a "protección do patrimonio".
Nun comunicadom Asime afirma que desde o sector teñen "un compromiso firme co desenvolvemento das enerxías renovables e cunha industria limpa e descarbonizada".
"Ante este panorama de bloqueo na tramitación de parques eólicos alertamos dunha situación de máxima preocupación en toda a cadea industrial do metal e da industria galega en xeral, dado que a eólica é unha actividade tractora na xeración de emprego e riqueza para Galicia".
Mentres, desde distintas entidades, entre elas ecoloxistas, incidiron na necesidade de protexer o patrimonio, aludindo a un informe do Consello da Cultura Galega "que pon de relevo as deficiencias significativas na protección cultural no parque eólico Acibal", sinalan sobre o de Moraña.
Desde Ecoloxistas en Acción e outros colectivos, entre eles veciñais, inisten en que "durante a execución das obras e de construción do parque eólico, o control e seguimento arqueolóxico realizouse de maneira deficiente posto que varios elementos patrimoniais terminaron danados".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.