Nove consellos para realizar un bo curriculum aínda que non teñas experiencia laboral

Ademais, consulta as chaves para unha boa entrevista de traballo.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/09/2023 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A pesares da disminución do paro en España, a situación laboral dos máis novos segue sen ser moi esperanzadora e cada vez élles máis dificil saír ao mercado laboral. Os datos de febreiro do Insitituto da Xuventude (Injuve) indican que preto de 400.000 mozos de entre 16 e 29 anos están desempregados. A procura do primeiro emprego ten outro hándicap: o da inexperiencia. España, ademais, ten a terceira taxa de emprego máis baixa dos países industrializados. E, segundo os datos do INE, tres de cada cinco desempregados mozos ten de 25 a 29 anos (datos do Injuve, maio de 2023). 

Entrevista de traballo
Entrevista de traballo | Fonte: gesformacion.edu.es

Para incorporarse ao mercado laboral, elaborar un currículo atractivo é unha das pezas fundamentais. Pero, sen experiencia, facer o currículo perfecto pode ser complicado. "Se non se ten experiencia, teremos que valorar a súa potencial achega a partir de dous aspectos: coñecementos teóricos e actitude", explica Gina Aran, profesora colaboradora da Universitat Oberta de Catalunya (UOC). No que se refire aos coñecementos adquiridos, hai algúns que, "inseridos nunha sesión de traballo, poderían arroxar algunha perspectiva que sume á xeración de ideas ou á toma de decisións". En canto ao segundo, Aran fai referencia "ás ganas de achegar e crecer na empresa", de facer xestións útiles "que alixeiren cargas de traballo dos demais integrantes do equipo".

CONSELLOS

Por iso, segundo a opinión dos expertos, recollemos nove consellos para poder elaborar un bo currículo sen experiencia laboral previa.

O formato ten que ser atractivo. É un dos primeiros pasos e ainda que non pareza moi importante o é. Elixir "un formato estruturado, ordenado e atractivo" é imprescindible, explica Gina Aran, onde dunha ollada poida deducirse ante que candidato atópase a empresa contratadora.

Se non tes experiencia laboral, destaca á académica. É importante "explicar os logros que se obtiveron ao longo dos estudos, competencias demostradas nalgunha actividade de voluntariado ou capacidades desenvolvidas ao exercer un deporte, afección ou outra actividade", explica a experta.

A nosa actitude fronte á oferta de emprego tamén xoga un papel importante. Gina Aran explica que "se o mozo mostra entusiasmo, contaxiará ao resto, o cal está demostrado que repercute en mellores resultados". Manel Fernández, profesor da UOC, engade: "Nunca digas nada negativo de traballos anteriores", no caso de ter algún pequeno emprego con anterioridade.

Fai fincapé nas habilidades transferibles que teñas como habilidades de comunicación, dotes de liderato, capacidade de resolución de problemas, organización ou saber traballar en equipo. Os expertos destaca que as de comunicación e liderado, "son calidades moi necesarias e moi escasas; por tanto, moi buscadas". Por iso é bo redactar un parágrafo no perfil persoal ou profesional que inclúa puntos fortes e vontade de achegar valor á organización.

O quinto consello é pór en valor as túas competencias dixitais e a vontade de transferirllas aos máis veteranos. Se hai algo que pode achegar unha persoa nova a unha empresa é un mellor desempeño na contorna dixital.

Busca cales das túas cualidades adaptanse mellor á empresa e centrate nelas. "Non se trata de dicir todos os teus puntos fortes, senón de argumentar tres que lle sirvan á empresa", afirma Jaria, da UOC. Outro dos consellos é que se tiveches algún traballo esporádico, úsao como aval ao final son unha mostra do teu nivel de responsabilidade e a túa capacidade de traballo", insiste Fernández.

Fuxe do medo a destacar. En lugar de tentar encaixar nun molde preestablecido, mostra a túa personalidade, mostra como podes achegar un enfoque único á empresa. E por último non desesperes. "Segundo a lei dos grandes números, un rexeitamento achégache cada vez máis ao teu obxectivo", indica Manel Fernández.

ENTREVISTA DE TRABALLO

E se estos consellos funcionan e consegues unha entrevista de traballo, o Galicia Confidencial seleccionou algunhas chaves para que esta saía o mellor posible. Estas son, investiga a fondo sobre a empresa e o posto ao que aspiras, non temer a facer preguntas desafiantes, debes ser honesto, non te enfoques unicamente no salario, ten en conta as habilidades sociais básicas como a puntualidade, respecto, unha roupa adecuada ao posto ao que se aspira, hixiene e linguaxe adecuados e non teñas medo a preguntar como foi a entrevista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta