A USC dá a benvida a 300 alumnos internacionais con música e produtos gastronómicos galegos

A Universidade de Santiago de Compostela celebrou, este sábado, a quinta edición do 'Welcome Day' co que deu a benvida ao alumnado internacional que vai cursar estudos na institución académica este curso 2023-24.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2023 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

A USC celebrou, este sábado, a quinta edición do 'Welcome Day' co que dá a benvida ao alumnado internacional que vai cursar estudos na institución académica este curso 2023-24. A xornada, organizada pola Oficina de Captación Internacional, desenvolveuse no Colexio de Fonseca e acolleu a preto de 300 alumnos procedentes de corenta países, sendo as nacionalidades italiana, mexicana e alemá as que contan con maior número de estudantes no acto.

A sesión inaugural foi presidida polo reitor da USC, Antonio López, e contou coa participación da vicerreitora de Titulacións e Internacionalización, María José López Couso, da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, coa primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas, e da subdirectora xeral de Retorno, Begoña Solís Domínguez.

Segundo informou a institución académica, esperan que ao longo deste curso matricúlense máis de 1.000 estudantes estranxeiros. O programa do evento contou con diferentes actividades para presentar a universidade entre o alumnado, así como distintos aspectos da cultura galega. Tras o acto inaugural, desenvolvéronse actividades de tipo lúdico con dinámicas de grupo para que o alumnado interactúe entre si. A música tradicional galega tamén se atopou presente no programa. Finalmente e tras unha comida con diferentes produtos típicos da gastronomía galega, unha sesión de DJ serviu de colofón á xornada.

Benvida dos estudantes internacionais
Benvida dos estudantes internacionais | Fonte: USC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta