Unha doazón millonaria permite a Cáritas inaugurar novas dependencias en Vilagarcía

A veciña de Vilagarcía, María Lourdes Porto Pardal, asignou no seu testamento a totalidade do seu patrimonio a Cáritas Interparroquial de Arousa. A cifra herdada ascendía a 797.000 euros, o que permitiu á entidade adquirir e habilitar unhas novas dependencias que este mércores foron inauguradas.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 20/09/2023 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

A veciña de Vilagarcía, María Lourdes Porto Pardal, asignou no seu testamento a totalidade do seu patrimonio a Cáritas Interparroquial de Arousa. A cifra herdada ascendía a 797.000 euros, o que permitiu á entidade adquirir e habilitar unhas novas dependencias que este mércores foron inauguradas.

As novas dependencias de Cáritas Arousa albergan un comedor social, unha cociña e almacén de alimentos, servizo de duchas e despachos de billetes para as persoas atendidas, un despacho sanitario, unha zona de despachos administrativos e unha aula polivalente de formación e sala de reunións.

O custo destas novas dependencias ascendeu a 988.000 euros, polo que foron necesarios 192.000 euros a maiores dos doados en herdanza por Lourdes Porto. O director de Cáritas en Arousa, Anuncio Mouriña, explicou que a cantidade fora sufragada con doazóns "doutros benefactores".

No acto estiveron presentes o presidente da Xunta, Alfondo Rueda; a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García; o arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto; a tenente de alcalde de Vilagarcía, Tania García e o presidente de Cáritas España, Manuel Bretón, entre outras autoridades.

UN 25 % MÁIS DE GASTO SOCIAL

Na súa intervención, Alfonso Rueda destacou o carácter "moi solidario" dos galegos e lembrou que a Xunta de Galicia incrementou en 2023 un 25 % o gasto destinado a inclusión social respecto ao exercicio anterior. Así mesmo, congratulouse pola calidade e as prestacións das novas dependencias de Cáritas en Vilagarcía, á vez que sinalou que "todo o mundo ten dereito a ter as mellores instalacións posibles".

O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, destacou o feito de que as novas dependencias de Cáritas servirán para coidar "aos máis fráxiles" da sociedade "pondo ao seu servizo esta mesa compartida". Así mesmo, salientou a importancia de que se cren "sinerxías solidarias, máis aló dos prexuízos políticos". Algo, engadiu, que se puxo de manifesto na creación destas novas instalacións de uso social.

MÁIS DE 500 ATENCIÓNS

Segundo figura na súa memoria anual, Cáritas Interparroquial de Arousa atendeu en 2022 a 548 persoas, das que o 60 % foron homes e o 40 % mulleres. En canto á idade dos seus usuarios, a franxa maioritaria sitúase entre os 36 e os 65 anos. A actividade diaria de Cáritas en Arousa é desenvolvida por un equipo de técnicos e preto de dous centenares de voluntarios.

Rueda participa na inauguración das novas instalacións de Cáritas en Arousa
Rueda participa na inauguración das novas instalacións de Cáritas en Arousa | Fonte: Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta