Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2023 | Actualizada ás 14:34
Naturgy promove o autoconsumo enerxético entre os membros da Asociación Agraria de Galicia (ASAGA), en virtude dun acordo coa asociación para achegar esta solución enerxética aos profesionais do sector agropecuario galego impulsando a instalación de placas fotovoltaicas.
Nun comunicado, afirma que "no marco do seu compromiso coa transición enerxética, Naturgy aposta polo autoconsumo cunha oferta personalizada con condicións vantaxosas de financiaciónque permite aos seus clientes aforros substanciais na factura".
Naturgy asinou un acordo coa Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) para impulsar o despregamento do autoconsumo fotovoltaico entre os afiliados da entidade que representa aos profesionais do sector agropecuario galego.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.