O Goberno de Sánchez defende o imposto ás grandes empresas: "Os seus extraordinarios beneficios avalan a medida"

A ministra de Hacienda di que non existen argumentos para "facer unha valoración negativa" do imposto "nin moito menos de como afecta ao propio funcionamento das empresas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2023 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

A ministra de Facenda e Función Pública, María Jesús Montero, defendeu que os beneficios "extraordinarios" das empresas da banca e o sector enerxético avalan que o imposto a estas compañías non as prexudica.

Así o manifestou en Santiago de Compostela tras participar na inauguración da conferencia anual do Interreg, que acolle a capital galega desde este xoves. No día despois de que anunciase que o imposto recadou no segundo pago 2.908 millóns de euros, Montero aseverou que esta figura impositiva "coexiste e convive" con contas de resultados que arroxan "beneficios extraordinarios".

Nesta liña, remarcou que non existen argumentos para "facer unha valoración negativa" do imposto "nin moito menos de como afecta ao propio funcionamento das empresas" e a "a conta de resultados" de dous sectores que, segundo Montero, presentan unha tendencia "á alza" e que, por tanto, deben "contribuír de forma significativa ao financiamento dos servizos públicos e do estado de benestar".

Deste xeito, apuntou que a finais do ano 2024, momento no que finaliza o período de vixencia deste imposto extraordinario, o Goberno terá que revisar e dedicir se lle dá continuidade, unha decisión que, como resaltou, tomarán con "a experiencia acumulada destes anos".

A ministra de Facenda, María Jesús Montero, e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco
A ministra de Facenda, María Jesús Montero, e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco | Fonte: Argina - EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta