CC.OO. esixe á Xunta que as sete novas residencias de maiores galegas sexan de xestión pública directa

Lembran que xa Alberto Núñez Feijóo prometera a comezos de 2017 a construción de sete novas residencias públicas (unha en cada cidade), "anuncio que incumpriu reiteradamente xa que, pasados seis anos, aínda se fai agora entrega da primeira, cuxa apertura está prevista para o primeiro trimestre de 2024". Ademais, puntualizan, non a construíu o Goberno galego, senón a iniciativa privada (a Fundación Amancio Ortega).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2023 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

CC.OO. esixiu que as sete novas residencias de maiores sexan de xestión pública directa e dotadas de persoal público. Segundo explican nun comunicado, consideran que estas cuestións non se aseguraron no acto do pasado 24 de outubro, no que se lle entregou á Xunta de Galicia a nova residencia de Santiago de Compostela. "A falta de claridade sobre estes aspectos lévanos a pensar que pretender continuar pola senda da privatización, baixo a eufemística fórmula de xestión indirecta, de servizos públicos esenciais", advirten.

Doutra banda, lembran que xa Alberto Núñez Feijóo prometera a comezos de 2017 a construción de sete novas residencias públicas (unha en cada cidade), "anuncio que incumpriu reiteradamente xa que, pasados seis anos, aínda se fai agora entrega da primeira, cuxa apertura está prevista para o primeiro trimestre de 2024". Ademais, puntualizan, non a construíu o Goberno galego, senón a iniciativa privada (a Fundación Amancio Ortega).

Ante o que tachan de falta de claridade, solicitan unha reunión urxente coa conselleira de Política Social e Xuventude "para que informe de primeira man" sobre o sistema de cobertura dos postos destes centros residenciais de persoas maiores, "así como para esixirlle que sexan de xestión pública directa e, por tanto, que o seu persoal pertenza á Xunta e teña a condición de empregado público".

Recreación da futura residencia en Eirís
Recreación da futura residencia en Eirís | Fonte: Fundación Amancio Ortega - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta