Un 37% dos galegos recoñecen estar moi preocupados polo auxe da ocupación

Entre as preocupacións están ter que asumir os destrozos ocasionados no inmoble ou os gastos asociados aos suministros empregados polos ocupas.

Por Galicia Confidencial | Barcelona | 01/11/2023 | Actualizada ás 16:15

Comparte esta noticia

Os custos legais que deben asumir os propietarios para poder recuperar a súa vivenda ocupada sitúanse como unha das principais preocupacións dos galegos. En aqueles que declaran ter sufrido unha ocupación, a preocupación por custos de avogados, procuradores  demáis trámites legais é un 25% maior que fronte aos que non sufriron algo así no seu círculo próximo. Estos datos están recollidos no informe "Os españois ante o fenómeno da ocupación ilegal", elaboado por DAS Seguros. 

Imaxe recurso persoa con estrés.
Imaxe recurso persoa con estrés. | Fonte: infosalus.com

Entre as preocupacións ante unha posible ocupación da vivienda destacan, tamén, ter que asumir os destrozos ocasionados no inmoble (66%), os gastos asociados aos suministros empregados polos ocupas (32%) ou os custos de aloxamento nunha vivenda alternativa (25%). Nesta liña, o estudo, destaca que, nos últimos dous anos, dous de cada dez galegos afirman que lle ocuparon algunha vivenda próxima a súa residencia habitual.

Ante esta situación, un 37% dos galegos amósase moi ou bastante preocupado pola posibilidade de que lle ocupen a súa vivenda,a  dun familiar próximo ou unha vivenda no seu edificio ou comunidade. As persoas con maior índice de preocupación atópanse entre os 18 2 24 anos e tamén as que dispoñen de segunda vivenda. 

Para previr posibles casos de ocupación, a principal medidade de seguridade tomada plos falegos é non divulgar información persoal por redes sociais (49%), pedir aos veciños que alerten de algo así (34%), instalar sistemas de seguridade (23%) e procurar que a vivenda manteña un aspecto habitado (23%).

INSEGURIDADE XURÍDICA 

Case un 40% dos galegos percibe sentirse máis desprotexido ca os ocupas. "O informe confirma que a sensación de inseguridade xurídicas dos propietarios ante este fenómeno é unha realidade. O descoñecemento existente relacionado cos procedementos legais derivados da usurpación fai que a preocupación medre", afirma Nàtalia Mañas, responsable del Centro de Asistencia Xurídica de DAS Seguros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta