Rueda descarta rescatar a concesión das autovías galegas porque "hai que aplicar con sentidiño o orzamento"

A Xunta defende ter que pagar sobrecustes ás concesionarias porque "hai que adaptarse ás circunstancias de cada momento"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2023 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, admitiu que "o ideal" sería "poder chegar a un rescate das concesións" das autovías autonómicas, pero sinalou que nesta cuestión entra "a responsabilidade e capacidade económica dun goberno", o que suxire que hai un impedimento económico.

Preguntado por se a Xunta planifica cambios nas concesións das autovías tras o informe do Consello de Contas que advirte de deficiencias no cobro das peaxes en sombra, Rueda admitiu que son precisas "correccións" e que, sempre que "sexa posible" aplicar as recomendacións de Contas, faranse.

O mandatario autonómico manifestou que "o ideal sería poder chegar a un rescate", pero hai que "aplicar o orzamento con moito sentidiño", o que deixa no aire esta asunción por parte da Administración autonómica por un tema económico. 

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na comparecencia posterior ao Consello da Xunta / DAVID CABEZON @ XUNTA / Europa Press / Europa Press
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na comparecencia posterior ao Consello da Xunta / DAVID CABEZON @ XUNTA / Europa Press / Europa Press

PAGO SOBRECUSTOS

Sobre este tema, a deputada do PSdeG Patricia Otero ofreceu unha rolda de prensa na que asegurou que a Xunta decidiu en 2014 pagarlle ás empresas concesionarias das autovías do Salnés, Barbanza e Celanova 205 millóns de euros máis que pedían por que o tráfico de vehículos era inferior ao que esperaban. Ademais, sinalou que, nun informe recente, o Consello de Contas advertiu que este cálculo era incorrecto e que estaba a facer que "todos os galegos" teñan que "soportar" un sobrecusto de "44 millóns" en favor das concesionarias.

Respecto diso, o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, sostivo que o que fai a Xunta é "xestionar da mellor forma posible os recursos públicos en función das circunstancias que hai en cada momento". Deste xeito, mantivo que se está observando "con ollos de 2023 unha decisión que se tomou no peor momento da crise económica, en 2014". "Había unha caída de tráfico moi forte. Por tanto

AUTOBUSES

Na comparecencia posterior ao Consello da Xunta, o presidente autonómico tamén se pronunciou sobre as deficiencias detectadas na concesión de liñas de autobuses, sobre o que Rueda se expresou no mesmo sentido que coas autovías. Desta maneira, manifestou que "haberá que facer as correccións" que sexan posibles, pero apelou á complexidade do deseño xurídico e lembrou que se fala de "prácticas das empresas". "

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta