O Goberno contesta a Rueda que o recurso á lei do litoral é "procesual" e non político

O delegado do Goberno enviou unha "mensaxe de tranquilidade á cadea mar-industria, que teñen absoluta seguridade de que non van ter ningún problema".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2023 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, replicou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que o recurso á lei galega do litoral é "procesual" e non político.

En declaracións aos xornalistas tras un acto en Santiago, o delegado reprochou á Xunta que "non se quixo negociar" e volveu a trasladar "unha mensaxe de acordo" e "tranquilidade". "Que volva sentar na mesa, porque isto é perfectamente hablable", aseverou.

Neste sentido, subliñou que o recurso se basea nun informe do consello de estado que apunta a unha "clara invasión de competencias". O Executivo central "o único que está a facer é defendendo a legalidade constitucional" e "o sistema de repartición de competencias", destacou.

"É un recurso procesual, que nos impón a defensa da legalidade constitucional. É desas cousas que son habituais", respondeu ás palabras deste xoves de Rueda.

Por outra banda, enviou unha "mensaxe de tranquilidade á cadea mar-industria, que teñen absoluta seguridade de que non van ter ningún problema", para o que esgrimiu as "55 solicitudes de autorizacións de renovacións ou modificacións de concesións que foron todas admitidas".

Litoral de Galicia / XUNTA DE GALICIA / Europa Press
Litoral de Galicia / XUNTA DE GALICIA / Europa Press

PPDEG

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegurou que a súa formación seguirá defendendo a lei galega do litoral fronte á postura "ideolóxica do Goberno central que pon "en risco" edificacións. Preguntada polo recurso presentado polo Executivo estatal á norma galega, Paula Prado considerou que "parece que o Goberno de España sempre ten o foco posto en Galicia" para tentar tachar aos populares de "anticonstitucinalistas".

Ademais, dixo que o Goberno de Sánchez xa recorreu a Lei de Saúde que "foi copiada" polo goberno socialista da Comunidade Valenciana. "E a eles non os levaron ao Constitucional, á lei galega si", afirmou. Así as cousas, sostivo que o PPdeG "está só" na defensa do autogoberno de Galicia e lembrou que nin o PSOE nin o BNG presentaron emendas á totalidade do texto, que foi aprobado no Parlamento galego sen votos en contra.

Ademais, sostivo que o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, asegurou que "era unha boa lei" pero sinalou que a formación despois cambiou de postura durante a etapa de José Ramón Gómez Besteiro como delegado do Goberno porque "tiña ordes de Madrid para dicir que a lei non era constitucional".

Fronte a iso, defendeu a pertinencia do texto legal e asegurou que a súa formación seguirá defendendo a norma ao considerar que "é boa para Galicia" e que "permite blindar moitísimos postos de traballo", ás empresas que viven no litoral e ás edificacións que "están en risco" por unha "cuestión absolutamente ideolóxica do Goberno de España".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta