Por Europa Press / Redacción | VIGO | 01/12/2023 | Actualizada ás 15:49
O xulgado de instrución e primeira instancia numero 3 de Canga condenou ao condutor que invadiu unha terraza dun bar en Vilaboa, ocasionando a morte de dous homes, a pagar unha multa de 900 euros e a dous anos de retirada do carné, como autor de dous delitos leves de homicidio por imprudencia grave.
O procesado recoñeceu os feitos e conformouse coa pena na vista celebrada o pasado 26 de setembro. En base a iso, a maxistrada impuxo esa condena, que era pena solicitada pola Fiscalía.
Así, considérase probado que o pasado 17 de marzo de 2023, o acusado conducía o seu vehículo Mercedes "sen a debida dilixencia e precaución", e nunha manobra levou por diante co seu coche unha terraza dun bar situado no km 4,200 da N-540, no termo municipal de Vilaboa.
Como consecuencia do atropelo, dous homes faleceron, polo que o procesado foi considerado autor de dous delitos leves de homicidio por imprudencia menos grave.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.