Besteiro comprométese a eliminar peaxes das estradas galegas e rematar aquelas que "Feijóo e Rueda foron incapaces"

Así o declarou este sábado na súa reunión cos secretarios provinciais do PSdeG para "planificar unha folla de ruta que vertebre e mellore a mobilidade de Galicia para o próximos catro anos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2023 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

O candidato socialista á presidencia da Xunta e presidente da Comisión de Transportes e Mobilidade do Congreso, José Ramón Gómez Besteiro, comprometeuse a eliminar as peaxes das estradas autonómicas e a completar as infraestruturas viarias que "nin Feijóo nin Rueda foron capaces de completar".

Así o declarou este sábado na súa reunión cos secretarios provinciais do PSdeG para "planificar unha folla de ruta que vertebre e mellore a mobilidade de Galicia para o próximos catro anos". Segundo detallou o partido nun comunicado, Besteiro explicou que "sobran exemplos" da "incapacidade e mala xestión" do actual presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nas infraestruturas que son de competencia autonómica, que "acumulan atrasos sobre atrasos".

Desta forma, nomeou á Vía de Alta Capacidade (VAC) da Costa Norte e a Autovía da Costa da Morte, ambas "vitais para romper o illamento" desas zonas e "mellorar a seguridade nos desprazamentos". No que respecta á VAC da Costa da Morte, que debería de unir as localidades de Ferrol e San Cibrao polo litoral, "leva 22 anos de atraso". Tamén a autovía da Costa da Morte "leva 30 anos pendente de finalizar" tras a inauguración do seu primeiro tramo.

"Por encima, o PP fixo de pago o tramo entre A Coruña e Carballo", lamentou Besteiro, que sinalou que esta peaxe é "discriminatorio para os veciños" e o cal se comprometeu a librar. "A incapacidade manifesta do actual presidente Rueda é de tal magnitude que non foi capaz de acometer o tramo entre Baio e Berdoias de tan só 15 quilómetros", esgrimiu Besteiro. Esa liberación das peaxes nas estradas autonómicas foi "unha reclamación unánime" na que coincidiron os catro secretarios provinciais socialistas, ao ser unha medida que cualificaron de "arbitraria e inxusta para a cidadanía que a sofre".

O candidato socialista á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro
O candidato socialista á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro | Fonte: PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 S. Miranda

Hoxe, a palabra do psoe non vale nada