Santiago súmase aos actos do 116 aniversario da estrea do himno galego e pide a restitución da súa forma orixinal

O Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá un dos actos de conmemoración da estrea do Himno galego no Gran Teatro da Habana o 20 de decembro de 1907.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2023 | Actualizada ás 16:07

Comparte esta noticia

O Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá un dos actos de conmemoración da estrea do Himno galego no Gran Teatro da Habana o 20 de decembro de 1907. A capital galega será un dos escenarios de 'Cantar a nación', os actos organizados por Vía Galega e Galiza Cultura con motivo do 116 aniversario da estrea.

O certame, que contará coa participación da coral Solfa, o coro Crecente e a agrupación Cantigas e Agarimos, foi presentado este luns pola concelleira de Cultura, Miriam Louzao, xunto ao coordinador de Vía Galega, Anxo Louzao. O acto, que terá lugar a partir das 20.00 horas este mércores, estará conducido por Loito Penabade e será de entrada gratuíta ata completar aforamento.

Así, a edil compostelá mostrou o seu apoio a este tipo de actos que pretenden reivindicar "os símbolos" de Galicia, á vez que mostrou o seu apoio á demanda de que o himno galego sexa restituído á súa forma orixinal. Anxo Louzao agradeceu a colaboración do concello santiagués e censurou que o "deixamento" da Xunta na posta "en valor" do himno e os símbolos da nación galega.

Santiago súmase aos actos do aniversario da estrea do Himno galego e pide a restitución da súa forma orixinal
Santiago súmase aos actos do aniversario da estrea do Himno galego e pide a restitución da súa forma orixinal | Fonte: CONCELLO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta