A economía galega mantivo a súa senda de crecemento en outubro, segundo o indicador Abanca

O comercio exterior, nomeadamente as importacións descenden máis dun 20%.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 27/12/2023 | Actualizada ás 13:03

Comparte esta noticia

A actividade económica galega creceu un 3% en outubro, en comparación co mesmo mes de 2023, o que supón unha décima máis que o aumento rexistrado en setembro, segundo o Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia. Así, este dato é o máis elevado no que vai de ano, a pesar de que a previsión do indicador era que se rexistrase unha desaceleración da actividade económica galega de cara ao peche de exercicio.

"A pesar do mal comportamento do comercio exterior respecto de 2022, debido á desaceleración no conxunto da Unión Europea, este dato confirma a resistencia do crecemento da economía galega", engade.

No que respecta á evolución individual das variables que recolle o indicador, aumenta o número destas con crecemento positivo respecto ao mes anterior, sendo oito fronte a catro en setembro. Entre elas sobresae a produción de vehículos, subindo máis dun 20%, así como os viaxeiros entrados en hoteis, con máis dun 15%.

En sentido contrato, o comercio exterior, nomeadamente as importacións descenden máis dun 20%, "dando conta das recentes dificultades internacionais da actividade económica".

A economía galega segue co crecemento
A economía galega segue co crecemento | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta