Reportaxe.- As axudas no piragüsimo galego; o caso de Cal

 

A lea polas axudas da Xunta a David Cal non é nova, pero o último cruce de acosacións entre a Consellería de Cultura e o palista de Cangas acaba de poñer enriba da mesa unha situación complicada; o favoritismo no mundo do piragüismo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 15/09/2008 | Actualizada ás 10:23

Comparte esta noticia

None

E é que a pesar dos enfrontamentos entre Cultura e Cal, o certo é que este deportista é un dos máis "subvencionados" dentro do mundo do piragüismo, en detrimento doutros compañeiros coma Teresa Portela, Sonia Molanes ou Carlos Pérez "Perucho", todos eles olímpicos, ou doutros como David Moscato ou Alfredo Bea. Precisamente, esta suposta discriminación non é nova. Os piragüistas de alta competición xa se teñen queixado desta situación e acusan á Xunta de non ter unha política adecuada na concesión de subvencións. Críticas que teñen o seu fundamento pola duplicación de axudas e o favoritismo nun deporte no que os cartos veñen por varias vías e se mesturan con estratexias política.

O caso de Cal

A comezos de ano, a Xunta chegaba a un acordo con Cal para pagarlle os dous anos de atrasos nas axudas que lle adebedaba e se comprometía a pagarlle duas novas bolsas; unha ao ser incluido na relación de deportistas galegos de alto nivel e outra por acudir aos xogos de Pequín. Este acordo, ao que se chegou en extremis, estivo precedido dunha oferta da Comunidade de Madrid que tentou a Cal con entre 50.000 e 60.000 euros ao ano por competir nun clube da capital sen ter que residir, obrigatoriamente, nela.

Precisamente, estes acordos son aos que se refería a Consellería de Cultura ao falar dos case 107.000 euros comprometidos con Cal. O pasado ano, o piragüista deixaba de percibir 38.000 euros por esquecerse de renovar a bolsa da Xunta para deportistas de alto nivel. Sen embargo, contaba cunha bolsa ADO para olímpicos de 86.000 euros.

Deputación de Pontevedra

Fronte as malas relacións que mantén coa Xunta, o palista de Cangas ten, pola contra, unha moi boa relación coa Deputación de Pontevera que o subvencionou con outros 90.000 euros por tempada dende os xogos de 2004. Tamén no Plano Anual do Deporte 2008, a deputación destinaba 55.000 euros máis para os deportistas pontevedreses que viaxaran a Pequin. Unhas axudas que o seu adestrador, Suso Morlán, ten advertido que conteñen condicionantes políticos porque "poden parecer que somos do PP".

En base a esta axuda, o presidente da Deputación de Pontevedra, Jesús Louzán viaxou, xunto co deputado provincial Enrique Sotelo a Pequín nos pasados xogos olímpicos, segundo el mesmo dixo, para apoiar aos deportistas da provincia e, especialmente, a Cal. O propio presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, xustificou esta viaxe porque a deputación era o "principal patrocinador" de Cal con 90.000 euros.

A finais de agosto, Cal devolvíalle a visita a Louzán ao acudir a un recibimento á Deputación de Pontevedra. Alí asinou no Libro de Ouro da institución nun acto ao que acudiron os seus pais e o deputado de Deportes, José Enrique Sotelo, e o vicepresidente da Insitución, José Manuel Figueroa.

Outro dos grandes artífices do impulso das axudas públicas ao mundo do piragüismo e un dos valedores de Cal é o presidente da Real Federación Española de Piragüismo, o galego Santiago Sanmamed, quen, ademais, é membro da executiva do PP de Pontevedra e amigo de Telmo Martín e Mariano Rajoy. Sanmamed tamén mantén moi boas relacións con Rafael Louzán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 46 comentarios

26 Luis Aragonés

Eu creo que isto ten que acabar en demisión... máis alá das liortas politicas e dos posicionamentos de cada quen a Conselleira non se pode meter dese xeito nunha guerra co mellor deportista da historia de Galicia. Aínda que non nos gusten as piraguas hai que recoñcer que Cal colocou a Galiica moi arriba, aínda que lle pese á Bugallo. Cal pode que non manexase ben a situación pero el non ñe un político e adícase a padexar. E punto. Por certo, non é so a Conselleira que o ningunea hai medios de comunicación, como a TVG, que ocultan novas sobre Cal ou pasan de dar informacións sobre el, e iso tamén é lamentable. Bueno, máis ben iso é MANIPULACIÓN.... uy pode dicirse esta palabra co bipartito...!!!!

25 tinto

Non creo que sexa doado comparar obxectivamente as obras dos distintos literatos. Escapouseme o sorriso coa súa comparación entre Dinio e Quevedo. Lástima de non poder gozar dun soneto do poeta de ouro sobre o rei de la noche me confunde!. Eu disfruto coa Escola de menciñeiros de Cunqueiro e tamén co Polaroid de Suso de Toro. Cada quen no seu oficio. Pero non creo que ningún dos dous teñan que envexar nada doutros autores sobrevalorados por escribir en linguas con máis poderío mediático. A cultura galega ten recorrido e tamén presente. E a consellería de cultura da Xunta, para min, está cumprindo o seu deber, na Habana, en Compostela, en Galeuscat e moitos outros escearios. E, por suposto, para min que son un calquera, están moi por riba dos chascarrillos de Cal, Suso Morlán, Santiago Sanmamed, Louzán ou López Chaves, por dar algún nome no que nos ocupa.

24 chuza.org

Reportaxe.- As axudas no piragüsimo galego; o caso de Cal...

Análise do tema: A lea polas axudas da Xunta a David Cal non é nova, pero o último cruce de acosacións entre a Consellería de Cultura e o palista de Cangas acaba de poñer enriba da mesa unha situación complicada; o favoritismo no mundo do pirag...

23 Ana Kiro

Noraboa ós ciclistas do Xacobeo. Noraboa para Alvaro Pino.
Noraboa a política de deportes da Consellería de Cultura.
Anxela Bugallo ademais de nacionalista de esquerdas de sempre ten a desgracia de ser unha muller guapa que sempre vai elegante. Non llo perdoan os túzaros de todos os sitios incluidos os da súa organización

22 manuel

Refirome que onde este un Cunqueiro ou unha Rosalia ou un Murguía que se quiten os demaís,Suso de Toro,etc...,e que penso que non me expresei ben no anterior mensaxe.
saudos