Reportaxe.- As axudas no piragüsimo galego; o caso de Cal

 

A lea polas axudas da Xunta a David Cal non é nova, pero o último cruce de acosacións entre a Consellería de Cultura e o palista de Cangas acaba de poñer enriba da mesa unha situación complicada; o favoritismo no mundo do piragüismo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 15/09/2008 | Actualizada ás 10:23

Comparte esta noticia

None

E é que a pesar dos enfrontamentos entre Cultura e Cal, o certo é que este deportista é un dos máis "subvencionados" dentro do mundo do piragüismo, en detrimento doutros compañeiros coma Teresa Portela, Sonia Molanes ou Carlos Pérez "Perucho", todos eles olímpicos, ou doutros como David Moscato ou Alfredo Bea. Precisamente, esta suposta discriminación non é nova. Os piragüistas de alta competición xa se teñen queixado desta situación e acusan á Xunta de non ter unha política adecuada na concesión de subvencións. Críticas que teñen o seu fundamento pola duplicación de axudas e o favoritismo nun deporte no que os cartos veñen por varias vías e se mesturan con estratexias política.

O caso de Cal

A comezos de ano, a Xunta chegaba a un acordo con Cal para pagarlle os dous anos de atrasos nas axudas que lle adebedaba e se comprometía a pagarlle duas novas bolsas; unha ao ser incluido na relación de deportistas galegos de alto nivel e outra por acudir aos xogos de Pequín. Este acordo, ao que se chegou en extremis, estivo precedido dunha oferta da Comunidade de Madrid que tentou a Cal con entre 50.000 e 60.000 euros ao ano por competir nun clube da capital sen ter que residir, obrigatoriamente, nela.

Precisamente, estes acordos son aos que se refería a Consellería de Cultura ao falar dos case 107.000 euros comprometidos con Cal. O pasado ano, o piragüista deixaba de percibir 38.000 euros por esquecerse de renovar a bolsa da Xunta para deportistas de alto nivel. Sen embargo, contaba cunha bolsa ADO para olímpicos de 86.000 euros.

Deputación de Pontevedra

Fronte as malas relacións que mantén coa Xunta, o palista de Cangas ten, pola contra, unha moi boa relación coa Deputación de Pontevera que o subvencionou con outros 90.000 euros por tempada dende os xogos de 2004. Tamén no Plano Anual do Deporte 2008, a deputación destinaba 55.000 euros máis para os deportistas pontevedreses que viaxaran a Pequin. Unhas axudas que o seu adestrador, Suso Morlán, ten advertido que conteñen condicionantes políticos porque "poden parecer que somos do PP".

En base a esta axuda, o presidente da Deputación de Pontevedra, Jesús Louzán viaxou, xunto co deputado provincial Enrique Sotelo a Pequín nos pasados xogos olímpicos, segundo el mesmo dixo, para apoiar aos deportistas da provincia e, especialmente, a Cal. O propio presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, xustificou esta viaxe porque a deputación era o "principal patrocinador" de Cal con 90.000 euros.

A finais de agosto, Cal devolvíalle a visita a Louzán ao acudir a un recibimento á Deputación de Pontevedra. Alí asinou no Libro de Ouro da institución nun acto ao que acudiron os seus pais e o deputado de Deportes, José Enrique Sotelo, e o vicepresidente da Insitución, José Manuel Figueroa.

Outro dos grandes artífices do impulso das axudas públicas ao mundo do piragüismo e un dos valedores de Cal é o presidente da Real Federación Española de Piragüismo, o galego Santiago Sanmamed, quen, ademais, é membro da executiva do PP de Pontevedra e amigo de Telmo Martín e Mariano Rajoy. Sanmamed tamén mantén moi boas relacións con Rafael Louzán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 46 comentarios

31 anónimo

http://www.e-barcelona.org/index.ph...
La Asociación de Artistas Visuales de Cataluña (AAVC) destituye al director del centro HANGAR

30 anónimo

http://www.lavozdegalicia.es/hemero...
SANTIAGO
La Xunta destinará 2,5 millones a controlar parte de la obra del Gaiás

La Fundación Cidade da Cultura también gastará mil euros al día en vigilar el recinto

29 anónimo

http://www.noviembre.org/e-norte/ht...
Santiago de Compostela: El CGAC no sigue el sistema de compra de los museos de referencia

28 anónimo

http://www.lavozdegalicia.es/cultur...
ARTE: El CGAC gasta más de 200.000 euros en una obra que está almacenada
Patronos del centro de Santiago desconocían la compra de la pieza de Kosuth, que se hizo vía negociada sin publicidad

27 anónimo

e logo? puxéstesvos dacordo toda a pléyade de creentes e devotos nos milagros de dona-santa anxela I, raíña do gaiás para sañir organizadamente na súa defensa.