Reportaxe.- As axudas no piragüsimo galego; o caso de Cal

 

A lea polas axudas da Xunta a David Cal non é nova, pero o último cruce de acosacións entre a Consellería de Cultura e o palista de Cangas acaba de poñer enriba da mesa unha situación complicada; o favoritismo no mundo do piragüismo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 15/09/2008 | Actualizada ás 10:23

Comparte esta noticia

None

E é que a pesar dos enfrontamentos entre Cultura e Cal, o certo é que este deportista é un dos máis "subvencionados" dentro do mundo do piragüismo, en detrimento doutros compañeiros coma Teresa Portela, Sonia Molanes ou Carlos Pérez "Perucho", todos eles olímpicos, ou doutros como David Moscato ou Alfredo Bea. Precisamente, esta suposta discriminación non é nova. Os piragüistas de alta competición xa se teñen queixado desta situación e acusan á Xunta de non ter unha política adecuada na concesión de subvencións. Críticas que teñen o seu fundamento pola duplicación de axudas e o favoritismo nun deporte no que os cartos veñen por varias vías e se mesturan con estratexias política.

O caso de Cal

A comezos de ano, a Xunta chegaba a un acordo con Cal para pagarlle os dous anos de atrasos nas axudas que lle adebedaba e se comprometía a pagarlle duas novas bolsas; unha ao ser incluido na relación de deportistas galegos de alto nivel e outra por acudir aos xogos de Pequín. Este acordo, ao que se chegou en extremis, estivo precedido dunha oferta da Comunidade de Madrid que tentou a Cal con entre 50.000 e 60.000 euros ao ano por competir nun clube da capital sen ter que residir, obrigatoriamente, nela.

Precisamente, estes acordos son aos que se refería a Consellería de Cultura ao falar dos case 107.000 euros comprometidos con Cal. O pasado ano, o piragüista deixaba de percibir 38.000 euros por esquecerse de renovar a bolsa da Xunta para deportistas de alto nivel. Sen embargo, contaba cunha bolsa ADO para olímpicos de 86.000 euros.

Deputación de Pontevedra

Fronte as malas relacións que mantén coa Xunta, o palista de Cangas ten, pola contra, unha moi boa relación coa Deputación de Pontevera que o subvencionou con outros 90.000 euros por tempada dende os xogos de 2004. Tamén no Plano Anual do Deporte 2008, a deputación destinaba 55.000 euros máis para os deportistas pontevedreses que viaxaran a Pequin. Unhas axudas que o seu adestrador, Suso Morlán, ten advertido que conteñen condicionantes políticos porque "poden parecer que somos do PP".

En base a esta axuda, o presidente da Deputación de Pontevedra, Jesús Louzán viaxou, xunto co deputado provincial Enrique Sotelo a Pequín nos pasados xogos olímpicos, segundo el mesmo dixo, para apoiar aos deportistas da provincia e, especialmente, a Cal. O propio presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, xustificou esta viaxe porque a deputación era o "principal patrocinador" de Cal con 90.000 euros.

A finais de agosto, Cal devolvíalle a visita a Louzán ao acudir a un recibimento á Deputación de Pontevedra. Alí asinou no Libro de Ouro da institución nun acto ao que acudiron os seus pais e o deputado de Deportes, José Enrique Sotelo, e o vicepresidente da Insitución, José Manuel Figueroa.

Outro dos grandes artífices do impulso das axudas públicas ao mundo do piragüismo e un dos valedores de Cal é o presidente da Real Federación Española de Piragüismo, o galego Santiago Sanmamed, quen, ademais, é membro da executiva do PP de Pontevedra e amigo de Telmo Martín e Mariano Rajoy. Sanmamed tamén mantén moi boas relacións con Rafael Louzán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 46 comentarios

41 anónimo

desexo que che preste e, sobre todo, que, con rssignación cristiá, chegues a desfrutar (e eu que o vexa) os réditos que che produza tal arriscada inversión ... saúde e sorte.

40 tinto

Un enquérito supermaquillado como o de Sondaxe na Voz, non pode ocultar o alto grado de coñecemento de Ánxela Bugallo e que a súa nota de valoración estea por riba de María Xosé Caride. De non estar maquillada o enquérito, cales serían os datos reais?.Si, confeso estar a soldo da Consellería de Cultura e que teño a prazo fixo a forte comisión producida polos 400 € dos mojitos. Co 10% de comisión (40 eurazos) xa puiden dar a entrada dun fermoso piso e o demáis o teño a prazo fixo nun banco suizo o mesmo onde din que ía levar a familiar de Franco os reloxos de ouro que foron decomisados na fronteira.

39 anónimo

se puxen a voz como referente de hemeroteca foi por vagancia ... xa que esas mesmas referencias apareceron tamén noutros medios. por outra parte dicir que estesa casi que se citan, moitos coñecémolos directamente polo que se cito referencias de medios de comunicación é par que reflexionesdes. se nos medios non aparecese nada e fora eu ou calquera outro o que escribiose eiquí sobre eses asuntos, seguro que busacriades a excusa de que somos uns resentidos, disidentes, ofuscasdos, celosos, agraviados ou cousas parecidas. non meus non. a min coma a calquera f_odeme moito que acontezan estas cousas poruqe nin borracho esperaba que acopntecesn. non ten ningunha importancia no devir intelestelar, pero dígovos e afírmovos que eu, e coma min moitos, estamos abraiados do que está a acontecer. nunca nos imaxinaramos que se poderia chegar a tanta miseria unha vez que, entre todos, foramos capaces de desaloxar ó pp do poder. ¡¡¡que mágoa!!! qué lamentable mágoa que todas as ilusións e esforzos de tantos e tantas colegas, quedaran en tan pouca cousa ... podedes seguir xustificando o inxustificable se con elo vos queredes autoenganar. faguedes ben. seguramente estades no certo. agora ben, moitos, nin antes nin agora, seremos quen de claudicar ante certas indecencias, por moito que a fame apretase os estomagos. por enriba das miserias, seguirá estando a dignidade.

38 tocagüevos

¿Entendo que cando ataca a Bugallo a Voz é mala e cando a pon de conselleira máis valorada é boa? ¿A Voz de Galicia manipula a información e non manipula as súas propias enquisas? Por certo, ¿canto cobras de Cultura, Tinto? ¿O mesmo que Cal, maís, menos?... é broma :) Tes moita razón en moitas cousas das que dis

37 tinto

Home, se citas a La Voz de Galicia, non aprendemos nada novo. La Voz sempre se distinguiu por atacar á Conselleira de Cultura e apoiar a López Chavez e o PP no tema cultural. Para cultura a dos gobernos de Fraga: Julio Iglesias no Xacobeo e Carmiña Burana do ganchete de Pérez Varela. A Voz, que non abriu a boca senón para dar parabéns na xestión da Cidade da Cultura de Pérez varela descubre anos despois, cando xa non hai marcha atrás e hai unha conselleira do BNG, que o proxecto é un disparate. Tarde piaches, que propuñan?, que se bombardearan as obras xa iniciadas e romper os contratos pagando suculentas indemnizacións ás grandes constructoras?. O periodismo galego ten un exemplo de sumisión vergonzante neste asunto e pouco peito pode sacar. Sabedes canto se gastou en mojitos na Habana? Menos da metade do que custa un anuncio medio nas páxinas de anuncios da Vz de Galicia. Un pequeno anuncio de poucos módulos custa máis que o que se gastou en agasallar con refrescos, canapés e mojitos aos asistentes ao acto da Habana. A que ven entón o escándalo?. Algo cheira a podre na Coruña. Hai moitos que non aturan que a Conselleira máis atacada pola Voz sexa a máis coñecida dos conselleiros do goberno e teña mellor valoración que a conselleira estrela do PSOE, María Xosé Caride. (enquisa de sondaxe). É como dicir que o ministerio de fomento de Zapatero fora menos coñecido e valorado que o ministerio de cultura. A ver si vai ser por meter man no Pazo de Meirás!.