Unha emerxencia médica obriga a un avión procedente de Dublín a aterrar en Santiago de Compostela

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2024 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

Unha emerxencia médica obrigou a un avión que viaxaba desde Dublín con destino a Sevilla a aterrar no aeroporto de Santiago de Compostela.

En concreto, segundo indicaron fontes consultadas por Europa Press, o avión avía despegado do aeroporto de Cork ás 6,05 horas (hora local) e aterrou no aeroporto de Rosalía de Castro de Lavacolla despois das 8,00 horas. Alí unha ambulancia esperaba para trasladar ao pasaxeiro que sufrira a emerxencia médica a un centro sanitario. Tras iso, sobre as 9,15 horas o avió despexou para pór rumbo a Sevilla.

O Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago
O Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta