Por Europa Press / Redacción | Compostela | 23/01/2024 | Actualizada ás 13:07
Nacionalistas e socialistas coinciden na necesidade de celebrar e acudir ao maior número de debates electorais posibles. "Cantos máis haxa, mellor", indican desde as dúas formacións ao tempo que critican duramente ao candidato popular, Alfonso Rueda, por "fuxir" deles e por utilizar os medios públicos e a Xunta de Galicia para "beneficio propio". Precisamente, na xornada deste martes diferentes partidos políticos que concorren aos comicios do 18 de febreiro manteñen unha reunión para abordar a celebración de debates.
Así, o director de campaña do BNG, Rubén Cela, denunciou que Rueda acode "dobremente dopado" á carreira cara aos comicios do 18 de febreiro, porque emprega fondos públicos da Xunta "ao servizo da súa estratexia electoral" e fai unha "instrumentalización partidista" da Corporación de Radio de Televisión de Galicia (CRTVG).
Cela denunciou o emprego de diñeiro das arcas autonómicas "cun profundo carácter electoral". Respecto diso, mencionou iniciativas como o anuncio do 'Bono Coidado non Fogar' e o envío de cartas asinadas polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, aos maiores co novo carné +65. Xunto a isto,lamentou que o PP empregue "a mentira, a calumnia e a difamación" ao acusar a semana pasada á oposición de impulsar unha campaña de 'fake news' sobre a vertedura de pélets e cunha suposta "armazón de bots rusos".
Por outra banda, tamén lle pedíu a Rueda que non se agoche e acepte un cara a cara con Pontón na TVG: “Nas xerais celebráronse dous debates entre Sánchez e Feijóo con toda normalidade", lembrou. Con todo, asegurou que o Bloque acudira "con actitude construtiva" ao debate programado nos medios públicos. Ademais, apostou por máis debates. "Cantos máis debates haxa, mellor, proque se poderán contrastar diferentes programas e alternativas e facelo sen filtro", dixo.
PSdeG
Tamén o candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, considerou necesario que de cara ás eleccións autonómicas do próximo 18 de febreiro haxa "debates serios sobre materias concretas" entre os aspirantes e criticou que o popular, Alfonso Rueda, "fuxa".
"Ten que haber cuantos máis debates mellor. O que non pode ser isto é unha forma de escurrir o vulto por parte do candidato do PP", dixo Besteiro, que asegurou que o feito de que haxa diferentes debates e sobre diferentes materias é "enriquecedor". O candidato socialista á Xunta considerou que o PP ten unha "estratexia" para "fuxir destes debates" ou "diluílos para que non sirvan de nada". "Por tanto, nós seguimos reclamando debates, debates serios, sobre materias concretas e nos que o PP non se escape", dixo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.