Por E.P. | VIGO | 29/01/2024 | Actualizada ás 12:42
O 061 atendeu o pasado fin de semana, entre as 15,00 horas do venres e as 23,59 horas do domingo, a 78 persoas, con motivo das asistencias sanitarias prestadas en 60 accidentes de tráfico nas estradas galegas.
Nese período de tempo, a central de coordinación do 061 recibiu 67 chamadas relacionadas con accidentes de tráfico, que xeraron 60 asistencias. Así, foron atendidas 78 persoas, un terzo de entre 40 e 54 anos de idade.
Por provincias, a da Coruña foi a que rexistrou máis accidentes, 26; seguida por Pontevedra, con 17 sinistros; Lugo con 10 accidentes; e Ourense, con 7 accidentes de tráfico. Para atender esas emerxencias, o 061 mobilizou 70 recursos. As ambulancias de soporte vital avanzado actuaron en 5 accidentes; o helicóptero medicalizado actuou en dous sinistros; as ambulancias de soporte vital básico actuaron en 57 accidentes; e os equipos de Atención Primaria desprazáronse a 6 accidentes.
En 56 dos accidentes, os feridos foron trasladados aos centros sanitarios de referencia, mentres que en 21 ocasións foron atendidos no lugar. Un dos implicados, un motorista, faleceu no punto (tras unha colisión en Santa Comba).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.