Suspendido o pleno sobre Balaídos ante novas protestas de empregados de Vitrasa

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 12/02/2024 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, suspendeu durante cinco minutos o pleno do Concello deste luns, que como único punto do día tiña as críticas á Xunta pola "falta de cooperación económica" no financiamento de Balaídos, ante novas protestas de traballadores de Vitrasa, a concesionaria municipal do transporte urbano.

Como xa vén sendo habitual, os empregados da empresa aproveitaron o pleno para continuar coas súas reivindicacións, polo que comezaron a gritar que levan máis de tres anos co soldo conxelado e insistiron ao rexedor que os escoite e que sente con eles.

Así as cousas, o rexedor tomou a decisión de paralizar o pleno ata que desaloxasen aos traballadores de Vitrasa, como xa ocorreu noutras ocasións. Precisamente, o venres pasado coñeceuse que o presidente do comité de empresa da concesionaria, Imanol Arnoso, así como outro seis empregados foron vetados durante dous meses á asistencia a plenos, debido a anteriores protestas.

FINANCIAMENTO DE BALAÍDOS

Pola súa banda, o pleno do Concello de Vigo denunciou o "trato discriminatorio" da Xunta de Galicia coa cidade pola "falta de cooperación económica" no financiamento da remodelación do estadio municipal de Balaídos.

Nunha sesión extraordinaria convocada polos socialistas e que cuxo único punto da orde do día era precisamente este, o pleno mostrou, cos votos a favor do PSOE e do BNG, o seu "rexeitamento" á actitude do presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda.

Marta Fernández-Tapias, portavoz do PP, igual que fixera o líder do BNG, tamén vinculou este pleno extraordinario coas eleccións e o "papel secundario" de José Ramón Gómez Besteiro, o candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta.

O alcalde, Abel Caballero, durante o pleno.. CONCELLO DE VIGO
O alcalde, Abel Caballero, durante o pleno.. CONCELLO DE VIGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta