Celebro colectivo, autoxesión e poder popular

Por Óscar Lomba | | 30/08/2015

Comparte esta noticia
PODEMOS critica o poder das elites e faino afirmando estar contra o poder establecido, utiliza a «verba  ‘poder ’ para referirse,  en realidade, a un ‘determinado tipo de relacións de poder’. Refírese ao tipo de poder que atopamos nas ‘relacións de dominación’, nas ‘estruturas de dominación’, nos ‘dispositivos de dominación’, ou nos ‘aparellos de dominación’».  
 
A crítica de PODEMOS á explotación, á coerción, á alienación, sempre ten como pano de fondo unha crítica a un modelo moi concreto de dominación, sobre todo a dominación exercida por unha «casta». Porén, os dirixentes de PODEMOS non están desenvolvendo todos os mecanismos necesarios para construír poder popular. Os círculos de PODEMOS deberían asumir maior capacidade de decisión e iso porque son as ferramentas das que dispón a cidadanía organizada. Os círculos territoriais e temáticos deberían xogar un papel fundamental na construción dunha gran alternativa cidadá. Esa futura alternativa cidadá debería basearse nunha decidida vontade de alcanzar dous obxectivos prioritarios:
 
1. O primeiro sería a transferencia de competencias desde o Consello Cidadán Estatal á comunidade organizada en Consellos Cidadáns Locais que estivesen sempre controlados polos círculos e agrupacións locais e de barrio electas nas asembleas populares.
 
2. O segundo sería a través do sufraxio, tanto para a elección de representantes ás distintas instancias do poder cidadán, como para a toma de decisións trascendentais nos diversos tipos de referendo dispoñíbeis en cada proceso sempre abertos ao conxunto da cidadanía.
PODEMOS debe priorizar sempre un modelo plural e aberto de relacións sociais baseadas nunha ampla participación nos procesos decisorios, por medio de sistemas de resolución e acordo nos que non se produza unha absorción de todo o poder por arriba senón máis ben unha atomización e reparto do poder por abaixo. Deste xeito, estariamos aproximándonos a un modelo de radicalidade democrática.
 
A construción dun verdadeiro poder popular require tamén unha articulación de mecanismos de pensamento colectivo, razoamento agregado e decisión agrupada. Tomando as palabras de Rafael Rodríguez Delgado, investigador español falecido, un Cerebro Colectivo pode definirse como ¨unha estrutura supraindividual cibernética constituída por sistemas humanos, mecánicos e electrónicos organizados en subsistemas receptores de información, un dispositivo elaborador central, unha ou máis memorias masivas e un ou máis efectores produtores de información favorábel á conservación, ao desenvolvemento ou á transformación do organismo social do que forma parte¨.
 
Opinamos que PODEMOS debe ser gobernada por un gran cerebro colectivo, un verdadeiro dispositivo dinámico e composto por unha multitude interconectada de círculos territoriais e temáticos que favoreza a colaboración e a sinerxía entre todos eles para permitir a oxixenación do conxunto da organización.
 
Cada círculo debe desenvolver un modo de pensamento que as persoas adoptan cando están profundamente involucradas nun grupo cohesivo, cando os esforzos dos membros por unanimidade deciden concentrar e axuntar esforzos para alcanzar un obxectivo común.
Se non queremos ser iguais ás demais organizacións e partidos existentes debemos impulsar unha existencia radicalmente democrática, pública, viva, aberta, flexíbel, activa e agrupada como condición para calquera cousa que se intente fóra do actual sistema ultra-liberal dominante.
 
E isto que indicamos ten que ser posíbel no seo de PODEMOS pero tamén na súa contorna. PODEMOS debe impulsar procesos xenerosos de unidade popular. Non debe nin pode aferrarse de maneira  identitaria e fetichista ás súas siglas. Os procesos de unidade popular son percibidos claramente pola cidadanía, teñan a denominación que teñan. Nas pasadas eleccións municipais comprobamos isto de xeito amplo e sistemático. Feito este que desmentiu a idea que mantiña primeiro IU, e agora PODEMOS, relativa a que a imposición do logo e denominación propia traerían aparellados mellores resultados electorais. A realidade veu a demostrar que as franquías en política frustran os procesos de unidade cidadá e o protagonismo da xente. O mellor é crear unha ferramenta concreta, un partido instrumental específico, para cada proceso electoral; evitando deste xeito lastres e mochilas innecesarias.
E como conseguilo? Existen moitos intentos respecto diso e hai tamén bastantes logros, só que morreron ou non se desenvolveron ben baixo a influencia do capitalismo, polo que a nosa estratexia debe acompañarse dun activismo comunitario continuo.
 
A idea é refacer a vida colectiva de xeito autoxestionaria e autosustentábel no político, o social, o cultural e o económico.
 
Un artigo de JAVIER CASO IGLESIAS (Analista Político), FRANCÍ XAVIER MUÑOZ (Diplomado en Humanidades e en Xestión Empresarial) ÓSCAR LOMBA ÁLVAREZ (Licenciado en Dereito e Diplomado en Maxisterio).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Óscar Lomba Óscar Lomba Álvarez (Vigo 1966). Coordinador de Diem25 en Galicia e candidato ás eleccións europeas por Podemos. Licenciado en Dereito-Económico pola Universidade de Vigo e Diplomado en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi colaborador de Radio Piratona. Ex-vicepresidente da Cooperativa Árbore. Ten colaborado cos seguintes medios: Coiote, Diario 16 de Galicia, A Nosa Terra, A Peneira, Kalaikia, Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, A Trabe de Ouro, La Voz de Galicia, Atlántico Diario, El Foro Metropolitano, Pensamiento Crítico e Tribuna Socialista.