Evacuado en helicóptero un motorista que sangraba de forma abundante tras sufrir un accidente en Cortegada

Unha furgoneta na que viaxaban oito persoas envorca na OU-531.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 17/02/2024 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

Un motorista foi evacuado en helicóptero tras sufrir un accidente na OU-531 ao seu paso por Refoxos, no municipio ourensán de Cortegada. Segundo informou o 112, foi un particular o que sobre as 14.20 horas deu a voz de alarma e advertiu da importancia das feridas xa que o home sangraba de forma abundante.

Ata o punto desprazáronse profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, membros do GES de Ribadavia e os voluntarios de Protección Civil da localidade. Ademais, a central de emerxencias deu aviso aos Bombeiros do Carballiño pero descartouse a súa actuación xa que o afectado estaba liberado e accesible.

FURGONETA ENVORCADA EN RAIRIZ DE VEIGA

Por outra banda, a central de emerxencias recibiu minutos antes das 18.00 horas deste sábado a chamada do ocupante dunha furgoneta envorcada na OU-531, en Lampaza. Segundo relatou, no vehículo ían oito persoas e tras o envorco quedaron unhas encima doutras. Ademais, indicou que todas estaban conscientes pero descoñecía se alguén necesitaba asistencia médica.

Ata o punto desprazouse Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que atenderon á condutora e os Bombeiros de Xinzo cortaron os cintos de seguridade, xa que moitos dos ocupantes tiñan dificultades para sacalos. Así as cousas, aínda que todos estaban bastante nerviosos tras o sucesos, os sanitarios só atenderon á condutora.

Helicóptero do 061
Helicóptero do 061 | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta